

| | Descricion |
O templo de Sto. André amosa aínda claramente algunhas pegadas do seu pasado románico: as ventás en forma de saeteiras, o opus vittatum dos seus vetustos muros nomeadamente os do lado norte–, algún canzorro figurado (unha figura sedente situada xusto no ángulo que forman o altar maior coa sancristía), así como un rudimentario e degradado Agnus Dei que se dispón no cumial da ábsida cunha cruz chantada no lombo.
O edificio templario sufriu unha remodelación moi notable probablemente a finais do XVII, tal e como sinala o epígrafe que loce un dos perpiaños da sancristía. Naquela intervención adecuouse o estilo do templo ao gusto da época, un neoclasicismo sobrio, frugal no que a motivos ornamentais toca que, de non ser pola espadaña, case nos faría confundir o edificio relixioso con un civil. Isto que dicimos explícase pola pobre formulación dos seus caracteres arquitectónicos, onde as pilastras angulares, os recercados dos ocos –portón de entrada e xanela superior–, xunto coa lene moldura que debuxa o frontón triangular que precede ao corpo de campás, veñen definidos por unha desnudez e elementalidade tal que, como xa apuntamos anteriormente, son máis propias dun inmoble laico que dun templo relixioso. O motivo desta parquedade ornamental, desprovista de calquera dos elementos arquitectónicos supérfluos que se estilaban nos séculos XVII e XVIII, débese seguramente, non ao gusto do momento, como dicimos, senón a os escasos recursos económicos da parroquia.
A espadaña é, sen dúbida, un dos elementos máis fermosos do conxunto. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorPXOM de Vilaboa [https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/VILABOA/documents/28190ca001.pdf (páx. 3).] (25-02-2019) CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (22-10-2025) |
|