
| | Descricion |
Aínda que non chama tanto a atención como outras, a igrexa de Guntimil conserva a maior parte do seu pasado románico, aínda que sexa humilde en comparación con outras. A estrutura dunha soa nave a tres augas e un prsbiterio máis curto, baixo e ancho que a nave, tamén a tres augas, é claramente medieval. Ademais conserva tamén boa parte dos canzorros orixinais e a gran porta de entrada, arqutrabada e con tímpano, e apoiada nun par de columnas moi bonitas. Xa é un elemento moderno a espadana, de dous corpos, un cadrangular con dous ocos, moldurada e rematada nunha cornixa que dá paso a un corpo triangular cun óculo, franqueado por dous pináculos e coroado por unha cruz de pedra. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorRÚA, Bruno (Patrimoniogalego.net) [https://patrimoniogalego.net/index.php/118167/2025/03/san-xoan-de-guntimil/] (16-03-2025) HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (02-11-2025) |
|