

| | Descricion |
Igrexa dunha soa nave rectangular con cuberta de tella cerámica a dúas augas, catro no presbiterio (máis alto e maís estreito que a nave) sobre muros de sillería regular. O presbiterio ten no vértice central un estilizado pináculo, e outros catro nas esquinas. A fachada ten unha porta alintelada e encima, un pequeno óculo, rematada nunha espadana grande de dous ocos, debaixo dun frontón con fornela e unha cruz latina de pedra. A porta lateral é de arco de medio punto e tanto nas paredes norte como sur conserva moitos canecillos que delatan a súa orixe medieval, que por outro lado o confirma unha labra do mosteiro de Celanova e o dito popular que a identifica como cenobio. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorRÚA, Bruno (PATRIMONIOGALEGO.NET) [https://patrimoniogalego.net/index.php/69902/2015/03/igrexa-de-santa-maria-de-atas/] (08-03-2015) HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (07-11-2025) |
|