Capela de Santa María de Mosteiro - MEIS (GALICIA)

Inventario de campás

Capela de Santa María de Mosteiro - MEIS (GALICIA)

Referencia 15059

Av. de Cambados, 13. O Mosteiro.
36637 MEIS



Web

Descricion Pequena igrexa dunha soa nave de claro estilo románico cunha fermosa ábsida decorada con ventanas e canzorriños de temas vexetais, animais e un moi fermoso con entrelazas.

Conta con varios contrafortes para soportar a nave e na ábsida con columnas entre as ventanas. Na portada principal obsérvase unha sinxela decoración, propia da orde do Cister. E nas escaleiras da entrada hai un curioso re-aproveitamento de dúas antigas columnas. O tímpano e as arquivoltas non teñen decoración agás do axadrezado románico e tres canzorriños baixo a espadana.

A súa orixe aparece nunha inscrición do arco triunfal na que sinala o ano 1150 ca orde beneditina. A partires do século XVI pasou a pertencer a orde dos Cabaleiros de San Xoán.

Campás 1 campá.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 19-11-2025

3 Fotos

Autor
  • Xandlinathry (Patrimoniogalego.net) [https://patrimoniogalego.net/index.php/29876/2012/12/santa-maria-do-mosteiro/] (12-12-2012)
  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-11-2025)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)193945.0053