Inventario de campás

Igrexa de San Pedro Fiz de Robra - OUTEIRO DE REI (GALICIA)

(Referencia: 15120)
Lugar da Igrexa, s/n.
27154 OUTEIRO DE REI


Descricion A igrexa románica de San Pedro Fiz de orixe románica, ten unha planta de cruz latina, de nave rectangular rematada nunha ábsida semicircular, máis estreito, precedido dun tramo recto, que corresponde á zona do presbiterio. Durante o século XVIII engadíronse dúas capelas laterais, de planta rectangular, que polo exterior, posúen a mesma altura ca nave, cubríndose ambas cun tellado a tres augas e deixando no muro estreitos vans afrontados a Leste e Oeste que iluminan tímidamente o interior destas estancias. Adousadas ó flanco Sur da nave existen as dependencias do cabido, cunha soa porta que comunica ó exterior no lado sur e unha saeteira ó Oeste.
A igrexa realizouse con sillares graníticos distribuidos en fiadas horizontais a soga e tizón. A ábsida é semicircular, totalmente cego, sen xanelas. O seu muro divídese en tres tramos por medio de dúas columnas que se alzan sobre basas áticas, compostas por un toro inferior moi aplanado que se asentan sobre un plinto con garras. Os fustes compóñense de tambores que seguen as fiadas do muro. Os capiteis son moi sinxelos, algo toscos e arcaizantes, decorados con elementos vexetais. Por enriba, o aleiro, de perfil en nacela, apéase sobre canzorriños cortados en caveto e totalmente lisos.
No muro occidental, perfectamente conservada, ábrese unha portada románica, de medio punto, abucinada, cunha tripla arquivolta que a enmarca. Os tres arcos presentan as súas aristas cun groso bocel e a súa escocia lisa, sen motivo decorativo algún, ceñidos por unha chambrana de perfil en nacela. A arquivolta exterior e a intermedia apóianse sobre unha columna acodillada por lado, de fuste liso, montadas sobre basas áticas, de toro aplanado, escocia moi reducida e collarín pouco resaltado, estas, a súa vez, sobre un alto plinto paralelepipédico con garras. A arquivolta interior, descarga sobre as xambas do muro coa mediación dunha imposta en nacela.
Enriba da portada, na fachada occidental, atópase unha xanela románica que dá luz á nave, formada por unha arquivolta de medio punto.
A nave da igrexa está cuberta cunha armadura de madeira que soporta un tellado a dúas augas. A través do arco triunfal, de medio punto, dobrado, de sección prismática e aresta viva, con dúas roscas lisas, conecta coa ábsida que se cobre con bóveda de canón e cuarto de esfera nos tramos recto e semicircular, respectivamente.
A pesares das evidentes reformas que experimentou a igrexa de San Pedro Fiz, conserva aínda elementos esenciais da súa orixe románica, os cais non son en nengún caso anteriores ó último terzo do século XII, conforme ó desenrolo e o tratamento dispensado na portada e xanela do frontis xunto coa decoración dos capiteis dos arcos triunfal e faixón.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-12-2025)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET [https://patrimoniogalego.net/index.php/121021/2025/12/igrexa-de-san-pedro-fiz-de-robra/] (13-12-2025)
  • 5 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 14-12-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.BLANCO FERNÁNDEZ, JENARO186960125
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)200265159

  • Ficha reducida (PDF)
  • OUTEIRO DE REI: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 25-05-2026

    Connectats: 126 Visitants: 126 Usuaris: 0