Inventario de campás
Igrexa de San Martiño de Riobó - CABANA DE BERGANTIÑOS (GALICIA)
Referencia 15209
Lugar de Riobó, s/n.
15149 CABANA DE BERGANTIÑOS
Referencia 15209
Lugar de Riobó, s/n.
15149 CABANA DE BERGANTIÑOS

Data de construción Séculos XII - XVIII.
Descricion Esta capela era independente da parroquia, ata que, ante a imposibilidade de prestarlle atención de modo conveniente, pasou a formar parte da mesma, e foi atendida polo párroco de Riobó. No mesmo lugar onde está asentada existiu, anteriormente, un mosteiro; na actualidade, o retablo que posúe, de características barrocas, é unha copia daquel primeiro que existía no mosteiro.
Esta construción é un máis dos claros exemplos da arquitectura popular, de carácter relixioso, que se encontran en Cabana, de aí a súa gran similitude con outros templos enclavados no concello. Posúe unha planta de salón formada por unha capela maior cuadrangular e unha nave rectangular. Apegada ó muro norte da ábsida encóntrase a sancristía, rectangular. No muro sur ábrese unha pequena xanela rectangular e unha porta alintelada. Tanto a nave como a ábsida cóbrense cun ceo raso de madeira. A estrutura da cuberta é a dúas augas, con tella curva do país.
A fachada principal, de extremada sinxeleza e sobriedade presenta as constantes deste tipo de edificación no concello: porta principal, rectangular, sobre a que se abre un pequeno oco que proporciona unha tenue luminosidade ó interior e, como remate, unha espadana de dous ocos, rematada en pináculos, e na que se sitúan as campás.
A fachada e a sancristía datan do século XVIII e XIX. O resto do templo seria do século XII ou principios do século XIII.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 13-01-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1930 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1930 | 65.00 | 159 |