Igrexa de Santo Estevo de Queiruga - PORTO DO SON (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santo Estevo de Queiruga - PORTO DO SON (GALICIA)

Referencia 15404

Lugar da Igrexa, 3.
15998 PORTO DO SON



Descricion A igrexa parroquial de Santo Estevo de Queiruga está datada entre os séculos XII e XVIII, sendo de estilo románico e barroco.
De orixe románica, desta época aínda conserva o presbiterio. O resto foi remodelado nos séculos posteriores. Planta de cruz latina con muros de carga co exterior de cantería e cachotería no interior, que sosteñen unha bóveda de canón rebaixada na nave central. Dous arcos de medio punto sobre pilastras dan paso as capelas laterais. O legado románico é evidente na cabeceira onde un arco de medio puno dá paso ao presbiterio, cuberto por bóveda de canón sobre arcos faixóns apoiados en semi-columnas con capiteis e basas ornamentados. No lado do evanxeo está a sacristía, de planta irregular adaptada ao terreo. Os canzorros da cornixa que se conservan na capela maior destacan no exterior, o mesmo que o contraforte correspondente ao arco intermedio. A fachada é posterior, sobre a que vai un campanario de dous corpos, cuberto por cupuliña.
No interior consérvase unha importante lápida romana dedicada a Rufinus Seiliensis, que serviu de base do altar ata 1822. Aparecera na praia de Seiras e é de mármore branco en bo estado de conservación.

Campás 2 campás.

Autor
  • GAVILANES67 (PATRIMONIOGALEGO.NET) [https://patrimoniogalego.net/index.php/23435/2012/08/igrexa-de-santo-estevo-de-queiruga/] (12-08-2012)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (02-03-2026)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 07-03-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO178560.00125
    Torre-campanarioMaior.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)189776.00255