Inventario de campás
Capela de San Brais e a Madalena - CANGAS (GALICIA)
Referencia 15436
Lugar da Madalena, 60. Parroquia de Darbo.
36949 CANGAS
Referencia 15436
Lugar da Madalena, 60. Parroquia de Darbo.
36949 CANGAS

Data de construción Século XII - XVII.
Descricion Trátase dunha construcción do século XII dunha soa nave e de ábside rectangular. Ten unha porta adintelada no muro meridional e outra no occidental cun tímpano. A ábsida contempla un único elemento decorativo, un carneiro sobre o que se atopa unha cruz de círculo central. O aleiro é soportado por canzorros románicos sinxelos e rematados con dous carneiros.
Esta igrexa tamén serviu durante séculos como punto de peregrinación daqueles que padecían o mal da lepra. A causa do seu deterioro, no ano 1598, o arcebispo Don Xoán de San Clemente mandouna derrubar, para ser posteriormente reedificada no século XVII; conservando afortunadamente sobre o piñón testeiro do ábside o “Agnus Dei”, que nos recorda a súa orixe medieval. Erradicada a epidemia da lepra, esta ermida adícouse a San Blas bispo e mártir no 316 moi popular durante a Idade Media que exerceu a medicina. Un dos seus milagres sucedeu cando se atopaba no cárcere e unha nai levoulle o seu fillo esganado cunha espiña, para que lle devolvera a vida. O ritual de petición empregado polos fieis consiste en colocar dúas velas cruzadas sobre a súa cabeza e tocarlle con elas a gorxa. Este santo represéntase portando nunha man as dúas velas cruzadas e na outra un peite de ferro, xunto co neno que salvou.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 30-03-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1988 | 45.00 | 53 |