Inventario de campás

Capela da Virxe de Montserrat. - LALÍN (GALICIA)

(Referencia: 15474)
Lugar de Montserrat, 41. Donramiro.
36515 LALÍN

Data de construción Século XIX.
Descricion O Licenciado Juan Josef Mosquera, cura párroco de Santa María de Donramiro, bendixo o 26 de setembro de 1817, a capela do Monserrat despois da reedificación da antiga ermida dedicada a San Roque, que comezara no ano 1812, en virtude de Auto de Santa Visita, a fin de establecer xunto a ela o Cemiterio, segundo estaba acordado por considerarse o sitio máis propicio. O custo foi de 7.271 reais e 17 maravedís que se empregaron na construción da Capela Maior, sancristía, lombos das paredes, teito e cal. Na obra traballaron o canteiro Antonio González e o carpinteiro Nicolas de la Iglesia.
A existencia da ermida de San Roque está testemuñada xa en 1119 nos documentos de doazón da igrexa de «Sancta María de Domno Ranemiri» (hoxe Donramiro) á igrexa lucense polo matrimonio Juan Díaz e Marina Luci, con data de 16 de xaneiro.
Como a devandita ermida fose de pequenas dimensións e estivese deteriorada mandouse reedificala, por Auto de Santa Visita do ano 1812, a conta dos caudais da Igrexa parroquial, porque carecía de rendas propias, quedando a súa fábrica tal como a coñecemos na actualidade. No ano 1817, atopándose xa restaurada para poder celebrarse nela o Santo Sacrifico da Misa e satisfacer a devoción dos fregueses que desexaban o seu culto e conservación, Juan Josef Mosquera cura párroco de Donramiro, solicita ao Bispo de Lugo se digne conceder licenza para bendicila a capela e poder celebrar nela os actos de culto. Xunto a ela pensábase construír o cemiterio porque o lugar era despegado e ventilado xa que o cemiterio parroquial estaba a quedarse moi pequeno.
Para seguir crecendo e aumentando a devoción á Virxe de Montserrat, no ano de 1882, sendo cura párroco de Donramiro e unidas Laureano Guitián Rubinos, desexando o citado párroco, aumentar máis e máis o culto e a devoción a esta Santa Imaxe da Virxe, solicitou e obtivo do Abade do Real Mosteiro de Montserrat de Cataluña, Miguel Muntadas e Romaní, a través de carta, do 5 de setembro de 1882, asinada por Ramiro Rondamilano, a agregación da Capela de Donramiro á Pontificia e Real Confraría da nosa Señora de Montserrat, establecida no soado Santuario, quedando agregada por concesión e Diploma, facendo participes aos fieis que se inscriban nela de todas as grazas e privilexios outorgados pola Cadeira Apostólica ao soado e primitivo Santuario de Montserrat de Cataluña; coa obrigación dos confrades ao ser admitido na Confraría de recibir os Santos Sacramentos para poder gañar a indulxencia plenaria, concedida ao novo Confrade polo Pontífice Pablo V. Esta confraría actualmente deixou de existir.
A Capela actual, e de pedra cunha única nave. Destaca sobre a súa fachada o seu esvelto campanario formado por tres corpos, o inferior cadrado, o superior octogonal e sobre o mesmo remátase cunha cúpula. Sobre os laterais hai ocos en saeteira e a súa cabeza é rectangular.
Na primeira quincena de setembro Donramiro énchese de veciños residentes noutras vilas e até noutros países, de amigos e de visitantes ocasionais. É o «mes grande» destas terras, nas que se celebran as festas en honra á Virxe do Montserra.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (15-04-2026)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET [https://patrimoniogalego.net/index.php/122166/2026/04/capela-da-virxe-de-montserrat/] (17-04-2026)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 17-04-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.TABOADA, JESÚS (MONEIXAS)18955596
    Torre-campanarioMaior.TABOADA, JESÚS (MONEIXAS)189565159

  • Ficha reducida (PDF)
  • LALÍN: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 27-05-2026

    Connectats: 70 Visitants: 70 Usuaris: 0