Inventario de campás

Igrexa de Santiago de Aranza - BARALLA (GALICIA)

(Referencia: 15502)
Lugar de Aranza, 31.
27689 BARALLA


Data de construción Século XVIII.
Descricion Igrexa parroquial do século XVIII, nave a dúas augas, cuberta de pizarra sobre madeira, con tres vigas tirantes.

Porta adintelada no frontal, espadana granítica dun vano, o resto da igrexa é de mampostería de pizarra revocada en cal.

Presbiterio máis amplo e elevado ca nave con unha cornixa acanalada, ó que se fai acceso por un arco de medio punto de granito, que ten impostas saíntes. Bóveda de canón. Sancristía na parte posterior do presbiterio, con acceso desde él.

O retablo maior, de trazado neoclásico, acolle ó santo titular caracterizado coma peregrino. Trátase dunha peza popular de Santiago, descalzo e cunha gran capa, do século XVI. No ático cruz de Santiago. Tamén están representados na iconografía de Aranza un san Roque e un san Francisco de Asís.

O retablo do lateral sur é barroco de estípites. Contén un Cristo e unha Virxe con neno.

A mesa do altar ten a cruz de Santiago e cinco vieiras. Cáliz de prata, sinxelo.
Campás 1 campá.
Autor
  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (23-04-2026)
  • www.galiciamaxica.eu [https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pazo-de-aranza/] (23-04-2026)
  • http://www.concellobaralla.es/ (25-04-2026)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 25-04-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaÚnica.TABOADA PORTAS, FIDEL (MONEIXAS)19684553

  • Ficha reducida (PDF)
  • BARALLA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 04-06-2026

    Connectats: 50 Visitants: 50 Usuaris: 0