Inventario de campás

Igrexa de Santa María Madalena de Baralla - BARALLA (GALICIA)

(Referencia: 15521)
Ría da Igrexa, 9.
27680 BARALLA


Data de construción Século XIX.
Descricion A igrexa parroquial da vila é de principios do século XIX. Posúe unha planta de cruz latina con dúas cape1as que dan ós brazos da cruz.
Cúbrese por enteiro a dúas augas, sendo o teito da nave principal semiar­queado, posúe un arco central que serve de apoio á cuberta, reforzado por contrafortes no exterior. A nave acaba noutro arco de medio punto, que dá o acceso ó presbiterio e ás cape1as tamén con acceso a través de arcos de medio punto.
Frontis con porta de arco de medio punto sen impostas, de granito, con tres fiestras de arcos tamén de medio punto, unha central (de dous ocos con remate no centro, de decoración neorrománica en forma de flor) e dúas laterais, que dan luz ó coro, máis alto.
O presbiterio está máis elevado, e cuberto a catro augas, encerrando un retablo neogótico de madeira ó natural.
A iconografía da parroquial da vila posúe as representacións de san Vitorio , feito por Magariños no séc. XX; san Xosé ; e, xa na sancristía, outro san Vitorio do XVIII.
O culto a san Vitorio é de ampla resonancia na vila, sendo as festas na súa honra de grande sona en toda a comarca.
Campás 2 campás
Autor
  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (26-04-2026)
  • http://www.concellobaralla.es/ (27-04-2026)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 27-04-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenorBLANCO LEMOS, ANTONIO19485596
    Torre-campanarioMaiorDÍEZ SANTAMARÍA, MOISÉS191475244

  • Ficha reducida (PDF)
  • BARALLA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 20-05-2026

    Connectats: 145 Visitants: 144 Usuaris: 1 - francesc