Inventario de campás
Igrexa de Santiago de Arcos de Frades - POL (GALICIA)
Referencia 15577
Lugar de Arcos de Frades, s/n.
27273 POL
Referencia 15577
Lugar de Arcos de Frades, s/n.
27273 POL


Descricion En planta, a igrexa está dividida en tres corpos a distintos niveis: o máis alto é o presbiterio, dun volume case cúbico cuberto a catro augas, cun pináculo de granito no cúspide. A nave é rectangular, cuberta a dúas augas, e mantendo a liña con estes dous espazos a igrexa está precedida dun pórtico, cuberto tamén a dúas augas e aberto polos laterais.
Espadana dun só van rematada cunha cruz de pedra e dous pináculos. Muros de mampostería encalada deixando vistos os perpiaños de granito das arestas.
No muro sur, no lateral da nave, ábrense unha porta pequena e unha fiestra, e no presbiterio hai outra fiestra máis grande e por riba dela un sinxelo reloxo de sol feito de lousa. Hai un segundo na aresta suroeste.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 13-05-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878) | 1858 | 50.00 | 72 |