Inventario de campás

Igrexa de Santo Tomé de Morgade - XINZO DE LIMIA (GALICIA)

(Referencia: 15586)
Lugar de Morgade, 24.
32636 XINZO DE LIMIA


Descricion Nos inicios do século XX sobre unha edificación primixénica románica edificouse e ampliouse a igrexa de Santo Tomé de Morgade. A nova construción integrou e mantivo algunhas partes da igrexa antiga, principalmente as partes máis nobres, como serían a fachada principal e parte do lenzo norte. A súa portada remite ó mesmo esquema que a de San Pedro de Boado, igrexa da que é matríz. Con cuádruple arquivolta que vai enriquecendo a súa ornamentación dende a primeira arquivolta ata a superior. Así o arco máis interior é compretamente liso, o seguinte presenta xa unha moldura en bocel, a esta añadeselle motivos xeométricos, combinación de ovas e triángulos na superior e finalmente no arco que fai liña coa fachada inclúense círculos con cruces inscritas. Hai unha tendencia ó arco apuntado. O mesmo que a mencionada igrexa de Boado, conta con un par de columnas a cada lado da porta e igualmente os capiteis remiten á mesma simboloxía, con follas de acanto e unha figura enigmática, se ben aquí o relevo é moito menos plano que naquela. A imposta dos arcos recorre toda a fachada. Esta fachada mantívose íntegra na reforma dos anos vinte ata por encima do arco, somentes se alzou o paramento, no que se abre no centro unha fiestra alongada baixo arco conopial. No centro da fachada ergueuse no ano 1927 unha torre cadrada en sustitución da que se fixera en 1817 que debía ser de similar factura á conservada en Boado, que tamén se fai no mesmo momento e os pináculos que foron reaproveitados en Morgade son idénticos ós de Boado.
A actual torre de campás é un receptáculo cadrado con catro arcos para as campás e cuberta graduada con pináculos nos extremos. Ademais da portada principal conservouse tamén parte do lenzo norte, dende a fachada principal ata pasada a sancristía. Esta parte debía contar con un cabido ou adro cuberto a xuzgar polos modillóns decorados. Ábrese unha porta lateral con arco de medio punto flexionado nos extremos, con decoración de axedrezado e tímpano no que se inscribe unha roseta de sete brazos. Posteriormente álzase o lenzo nas obras do século XX.
En 1671 constrúese a sancristía, unha pequena estancia de perpiaño con cornixa en gola sen vanos exteriores que se conserva coa añadición de outro pequeno volume.
Entre os anos de 1919 e 1922 produciuse unha profunda remodelación da igrexa que non remataría, como se dixo, ata 1927 coa edificación do campanario. As obras foron feitas sendo abade José Fernández que as custeou, devolvéndolle progresivamente a fábrica parte do custo, se ben advirte "que las obras las hice con orden verbal del Ilustrísimo prelado, llegando a fallecer o ser trasladado, quedan condonadas". Foron dirixidas por Ángel Suárez Gándara, mestre de obras, veciño de Pena. As obras executadas foron as seguintes: levántase "desde los cimientos" a parede sur. Isto é advertible na esquina sur da fachada, onde quedaron varios perpiaños da priemira fiada da antiga fábrica e a ras do pavimento é posible segui-la línea de parede, debido a que a actual está retranqueada con respecto a aquela. Tamén se alzou o muro, abríndose fiestras e alongouse a capela maior, da cal se conserva da antiga o muro pegado á sancristía. O resto da capela maior é todo obra nova. No tramo de nave debeuse reaproveitar a cornixa do templo anterior.
Campás 2 campás.
Autor
  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-05-2026)
  • www.altalimia.org [http://www.altalimia.org/pdf/090143.pdf] (17-05-2026)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 17-05-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCorazón de JesúsDE LINARES ORTIZ, CONSTANTINO (CARABANCHEL BAJO)19265072
    EspadanaMaior.RUIZ, JUAN ANTONIO187660125

  • Ficha reducida (PDF)
  • XINZO DE LIMIA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 20-06-2026

    Connectats: 159 Visitants: 159 Usuaris: 0