Inventario de campás
Ermida de San Cibrán de Dimo - CATOIRA (GALICIA)
Referencia 15589
Lugar de Portocanles, s/n.
36612 CATOIRA
Referencia 15589
Lugar de Portocanles, s/n.
36612 CATOIRA


Descricion Localízase na ladeira setentrional do Monte Xiabre. A capela posúe unha nave, o presbiterio non se diferencia en planta, e ten dúas dependencias acaroadas ao leste. O edificio está integramente construído con cachotaría e denota múltiples reformas e engadidos, polo que non é fácil determinar o momento orixinal da súa fundación. Con todo, baixo unha xanela parece lerse 1671. O seu actual aspecto parece remitir en liñas xerais a unha fábrica tipicamente barroca. É un tipo de santuario tradicional relativamente frecuente en Galicia, unha ermida situada nun lugar moi afastado dos núcleos de poboación históricos.
Ermida dedicada a San Cibrán avogoso contra a reuma e enfermidades similares. Tamén hai xente que se encomenda ás enfermidades da gorxa, aínda que non sabemos se San Brais está de acordo.
Na carballeira onde está situada a capela, celébrase unha gran romaría o domingo de Pentecostés (50 días despois da Pascua).
Ten unha campá que se coloca no día da Romería e logo sácase e gárdase ata o ano seguinte para evitar que a rouben. Isto fano porque a caapela está aillada e ó parecer xa houbo intento de rouba de dita campá.
Campás 1 campá.
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| PÉREZ, Fátima | San Cibrán de Dimo recupera su campana, una pieza del año 52 abandonada en la capilla | 2026 |
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 18-05-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1952 | 40.00 | 37 |