Igrexa de Santa María de Covelas - OS BLANCOS (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Covelas - OS BLANCOS (GALICIA)

Referencia 15639

Lugar de Covelas, 66.
32634 OS BLANCOS



Web

Descricion Representación desa arte do século XVI que, sen abandonar as concepcións góticas, ensaia novas solucións máis decorativas que de estrutura.
A igrexa é orixinariamente románica, pero engádeselle nas primeiras décadas do século XVI unha cabeceira de planta cadrada, e amplíase posteriormente a construción cara ao oeste. Non faltan reformas nos séculos posteriores.
Como a inmensa maioría dos templos en etapas anteriores ao barroco, decorou os seus muros con pinturas que invitaban á devoción e ilustraban dogmas e crenzas. As pinturas de candeas son renacentistas, e os temas representados son a Asunción de María, o nacemento e o anuncio aos pastores. Son franxas decorativas con anxos, escudo e o emperador Carlos e a súa esposa Isabel de Portugal.
Igrexa realizada en perpiaño, de planta rectangular, cunha sancristía a cada lado, unha de maior tamaño e presberio máis elevado. A cuberta é de tella do país a dúas vertentes.
Na fachada principal ábrese unha portada con arco de medio punto con grandes doelas. O campanario con espadana de dobre arco de medio punto albergando cadansúa campá e remate triangular con vano de medio punto coroado por cruz. A súa fachada orixinal non se corresponde coa que se ve na actualidade.
Na fachada lateral esquerda ábrese unha porta con arco en gola e a liña de imposta avanzada e ventá rectangular abucinada. Na cornixa deste paramento aparecen unha serie de canzoriños románicos. A fachada traseira ten as esquinas achafranadas onde se sitúan dous contrafortes, entre eles hai unha ventá rectangular gótica con arco apuntado e abucinado. No seu interior sinxela trazaría con orificio trebolado, que albergaría a imaxe de Santa Bárbara. Na súa cornixa presenta canzoriños decorados: animal cuadrúpedo, cabeza de cabra, barril, rá?, rostro humano, cabeza de animal (xabarín/raposo?), rostro humano con sombreiro e orellas, cabeza de animal, dúas figuras humanas de pé unidas pola testa, motivo vexetal (folla/árbore?). Na cornixa da fachada lateral dereita tamén atópase decorada con canzoriños: unha serie de canzoriños sen decorar, cabeza de animal, barril, rostro humano, cabeza de animal e rostro humano. No lateral esquerdo hai unha serie de bancos adosados ao paramento.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 16-06-2026

4 Fotos

Autor
  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís; TROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (12-06-2026)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) [https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/22611/igrexa-de-santa-maria-de-covelas?langId=gl_ES&ctre=31&tp=8] (16-06-2026)
  • www.altalimia.org [http://www.altalimia.org/ficha_inmoble.php?id=020056] (16-06-2026)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.RUIZ186947.5062
    EspadanaMaior.BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)190157.50110