Inventario de campás
Igrexa de Santa Baia de Castro - CORISTANCO (GALICIA)
Referencia 15656
Lugar de Santa Baia, 4.
15147 CORISTANCO
Referencia 15656
Lugar de Santa Baia, 4.
15147 CORISTANCO

Data de construción Século XVIII.
Descricion Igrexa do século XVIII, de estilo barroco, con planta de salón, cunha ábsida de sección cadrada á que se lle construíu a sancristía apegada a un lateral do presbiterio formando a súa planta total do volume en forma de “L”. Está construída a base de cantería con muros de carga de bloques de granito.
Ten unha fachada moi ornamentada con elementos clásicos. A ámbolos lados da portada encontrámonos con dous panos dobres de columnas, onde se enmarcan unha serie de imaxes relixiosas. Na parte superior da porta, e seguindo o mesmo esquema, hai unha fornela coa súa imaxe e sobre esta levántase un frontón curvo que no seu centro sostén unha cruz.
No lado esquerdo da fachada principal, levántase a torre-campanario de sección cadrada e formada por catro volumes. O primeiro de pouca altura. O terceiro ten un oco de luz alargado e rectangular e o cuarto formado por catro machóns acornixados e unidos entre si por arcos de medio punto biselados e acanalados onde van situadas as campás. Na súa parte superior, remata cunha balaustrada e pináculos con bóla. No centro, unha cupuliña con seteiras sobre a que se apoia un pináculo de igual sección coas da balaustrada e rematada nunha cruz.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 05-07-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO | 1804 | 50.00 | 72 |
| Torre-campanario | Maior. | PALACIO CAGIGAL, SANDALIO | 1856 | 55.00 | 96 |