Igrexa de San Xurxo de Sacos - CERDEDO-COTOBADE (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Xurxo de Sacos - CERDEDO-COTOBADE (GALICIA)

Referencia 15695

Lugar da Igrexa, s/n.
36121 CERDEDO-COTOBADE


Descricion Igrexa parroquial de San Xurxo de Sacos con planta de cruz latina. Teitos de madeira a dúas augas en toda a igrexa, Arcos torais e triunfais de medio punto sobre piastras. A cada lado do presbiterio, unha sancristía con portas de acceso, sobre elas e baixo arco semicircular, tribunas. Nave de tres tramos con arcos faixóns semicirculares sobre piastras, coro aos pés, de pedra e sobre gran arco de medio punto.
A fachada é sinxela con escasa decoración, na beiras piastras rematadas en pináculos con volutas estilizadas e no centro a porta de entrada de arco alintelada e enmarcada. Sobre ela, xanela de igual directriz. No centro unha placa conmemorativa que reza:

RELOJ DONADO AL
SANTO SAN JORGE POR LOS ESPOSOS
D DANIEL MARTINEZ
Y Dª MANUELA FENTANES QUIVÉN
SIENDO CURA PARROCO D. GERARDO LIS
SAN JORGE DE SACOS 1931

O remate da fachada realízase cun frontón curvo partida pola base da torre onde se atopamos as campás e o reloxo con esfera de cerámica.

Pola beira sur atopamos dúas portas, unha de acceso á torre do campanario e outra para acceder ao interior da igrexa.

Na sacristía atopamos dúas inscripcións: “1823” e “1689”

O Adro da igrexa está rodeado por un muro baixo que na parte oeste esta aberto para dar acceso ao antigo cemiterio. Na beira norte hai unha pequena caseta feita de cantería de granito que facía as funcións de baños públicos. No muro do adro podemos ver os baseamentos de tres cruceiro.

Campás 2 campás.

Autor
  • EIRÍN, Pablo / PATRIMONIOGALEGO.NET [https://patrimoniogalego.net/index.php/70217/2015/04/igrexa-de-san-xurxo-de-sacos/] (15-04-2015)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-07-2026)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 25-07-2026

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenorBLANCO PAZ, ANTONIO184460.00125
    Torre-campanarioMaiorCABRILLO, CASA (SALAMANCA)197080.00296