Inventario de campás
Igrexa de San Xurxo de Vale. - BARALLA (GALICIA)
Referencia 15701
Lugar de Vale, s/n.
27689 BARALLA
Referencia 15701
Lugar de Vale, s/n.
27689 BARALLA

Data de construción Séculos XV-XVII.
Descricion A Igrexa de San Xurxo de Vale data do século XV, con reformas no XVII, sendo a nave o único que se conserva do templo primitivo. Posúe o presbiterio máis amplo e elevado ca nave, con cubrición a catro augas e arco triunfal de medio punto sobre piastras laterais. A fronte presenta unha porta con arco de medio punto, protexida por un cabido con cubrición a tres augas sobre o que se ergue unha espadana de dous vans que acollen as campás. Na cornixa obsérvanse varios canzorros de traza sinxela, entre os que saliente o dunha cabeza humana. No interior hai un retablo neoclásico do ano 1800, coas imaxes de San Xoán, San Xurxo matando a un dragón, Santo Antonio, A Virxe co Neno e outras tallas. Nun retablo lateral vese un santo con sombreiro, palma e un libro. No retablo lateral sur, a imaxe do San Roque. Pinturas murais do século XV nos laterais da nave nas que se escenifican aos Reis Magos e o nacemento de Cristo, cabaleiros e damas con representacións diabólicas, o Xuízo Final e San Miguel; a parte superior está coroada por unha representación de San Xurxo ferindo ao dragón.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 27-07-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor | PORTILLA, ABEL (GAJANO) | 1990 | 55.00 | 97 |
| Espadana | Maior | PORTILLA, ABEL (GAJANO) | 1990 | 59.50 | 124 |