Inventario de campás
Mosteiro de Santa María A Real de Oseira. - SAN CRISTOVO DE CEA (GALICIA)
Referencia 15702
Lugar de Oseira, s/n.
32136 SAN CRISTOVO DE CEA
Referencia 15702
Lugar de Oseira, s/n.
32136 SAN CRISTOVO DE CEA


Descricion O Mosteiro cistercense de Santa María de Oseira atópase entre os grandes monumentos da Galiza. Moitos, pola súa grandiosidade chámanlle “o Escorial Galego”.
A historia deste cenobio é verdadeiramente interesante sendo a primeira fundación do Císter na Galiza.
Antes xa había un mosteiro fundado por uns poucos eremitas. No 1141 decidiron segui-la Regla Cistercense e chegaron novos monxes dende o propio Claraval, converténdose así este Mosteiro nun emblema do Císter en terras galegas sendo semente que se propagaría en numerosos lugares da Galiza.
A igrexa non se iniciaría moito máis tarde sendo consagrada no ano 1239.
Foron estos séculos, o XII e XIII, os de maior esplendor de Oseira, que empezou a decaer no século XIV. No século XVI, o Mosteiro de Oseira entra na Congregación Cistercense de Castela, comezando un novo período de florecemento que trouxo a renovación artística, impulsora das obras levadas a cabo perante os séculos XVI, XVII e XVIII.
Coa exclaustración provocada pola Desamortización de Mendizábal no século XIX, o conxunto monástico é abandonado e con elo comenza unha progresiva ruína da súa arquitectura e o expolio das súas obras de arte mobles.
No século XX volven monxes a Oseira e empréndese unha titánica e exitosa labor de restauración e recuperación deste complexo monacal, recuperando o pulo do que fora e é un dos máis fastuosos exemplos da arquitectura relixiosa galega e española.
O mosteiro ten moitas dependencias, entre a que destaca unha extraordinaria igrexa románica de transición, tres claustros de distinta época e estilo e unha sala capitular de gran vistosidade.
A igrexa románica ten planta de cruz latina con tres naves e cruceiro. As naves están separadas por pilares con columnas embebidas. A bóveda da nave central é de canón apuntado con faixóns. Os ventanais de medio punto ábrense no arranque da bóveda. A cabeceira imitaba á de Santiago con xirola e capelas aínda que hoxe están moi alteradas as orixinais. Sobresae a beleza do coro e a do presbiterio cunha colección de columnas sostendo o muro de peche.
No século XIII construíuse un cimborrio con cúpula sobre pechinas no cruceiro.
Como era preceptivo nas igrexas cistercenses, a decoración escultórica é prácticamente nula. Esta escasa ornamentalidade semella engrandecer a súa monumentalidade arquitectónica.
No século XVI transformouse a fachada principal e replanteouse no estilo renacentista, con sillería almofadillada e frontispicio, amén de outros ornatos e esculturas clasicistas.
No lado meridional desta fachada da igrexa e perpendicular a ela, atopamos outra grandiosa fachada, neste caso barroca de influencia compostelana, a do conxunto residencial do mosteiro.
Como xa dixemos, o Mosteiro de Oseira, ten nada menos que tres claustros. O da Portería, O Procesional e o dos Pináculos.
O claustro procesional destaca polas efixies situadas nas arquerías e que representan rostros de persoeiros históricos como a de Carlos I de España e V de Alemaña.
A antiga sala capitular é obra do século XV e é o elemento máis pintoresco do mosteiro. Construída sobre plantexamentos tardogóticos, é un espacio abovedado por complicadas bóvedas estreladas, cuios nervos arrancan de imaxinativas columnas estriadas. Estos soportes palmeriformes ábrense en infinidade de nervos, como se foran pólas de palmeira.
Campás 3 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 28-07-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Maior | CAGIGAL, MARIANO & PALACIO, DÁMASO | 1829 | 0.00 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Recepción | Campá de sinais | MALINGRE LAMAS-CARBAJAL, MANUEL | 1960 | 25.00 | 9 |
| Torre-campanario | Menor | FERNÁNDEZ PRIETO, JOSÉ. | 1889 | 82.50 | 325 |
| Torre-campanario | Maior | TABOADA CAMPOS, PLÁCIDO | 1951 | 118.00 | 951 |