Capela do Carme de Melide - MELIDE (GALICIA)

Inventario de campás

Capela do Carme de Melide - MELIDE (GALICIA)

Referencia 15751

Lugar do Castro do Castelo, s/n.
15800 MELIDE



Web

Data de construción Século XVIII.

Descricion No alto dun castro, no lugar no que se construíu un castelo na Idade Media, eríxese dende o ano 1741, a capela do Carme. Construída por Blas Núñez de Segade, capelán da Obra Pía de San Antón, coa axuda de tódolos melidenses. A planta da igrexa é rectangular, con arco triunfal de medio punto. A fachada principal segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, de abaixo arriba, presenta unha portada alintelada que remata nun frontón triangular partido. No centro deste hai unha fornela, flanqueada por pilastras, que contén a imaxe da Virxe do Carme co Neno Xesús e a de San Simón de xeonllos. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para a espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares que serven para aloxa-las campás. O segundo formado por un arco de medio punto flanqueado por orelleiras e pináculos moi moldurados, rematando o conxunto outro pináculo semellante.
No seu interior sobresae o retablo realizado no ano 1755. No camarín central, máis saínte cos laterais está a fermosísima imaxe da Virxe do Carme, de finais do século XVIII, atribuída ó taller compostelán de Gambino Ferreiro, flanqueada polas estatuas de San Ramón Nonato e San Xosé, ambas tamén de finais do século XVIII.

Protección Código no Catálogo da Xunta: RI.000007969

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 01-09-2026

4 Fotos

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET [https://patrimoniogalego.net/index.php/82546/2016/02/capela-do-carme-6/] (08-02-2016)
  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (01-09-2026)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.BLANCO FERNÁNDEZ, JENARO187454.0091
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)192355.0096