Inventario de campás
Igrexa de San Salvador de Merlán - PALAS DE REI (GALICIA)
Referencia 15760
Lugar de Merlán, s/n.
27205 PALAS DE REI
Referencia 15760
Lugar de Merlán, s/n.
27205 PALAS DE REI

Data de construción Século XII.
Descricion Igrexa do século XII, con reformas dos séculos XV ou XVI, que perdeu grande parte dos elementos románicos. A nave é rectangular, os muros de cadeirado e cachotaría de granito e a cuberta de tella a dúas augas. A fachada principal, coroada por unha espadaña dun só van, ten unha porta con arco de medio punto e un pórtico pegado con muro cego no lateral norte e columnas e piares nos dous restantes, que sosteñen un tellado de lousa a tres augas. A ábsida é rectangular, máis baixa e estreita que a nave, con arco triunfal de medio punto en aresta, que no interior conserva restos de pinturas murais renacentistas.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 07-09-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | TABOADA PORTAS, FIDEL (MONEIXAS) | 1967 | 50.00 | 72 |