Inventario de campás
Capela da Virxe da Soidade de Mourisca. - GONDOMAR (GALICIA)
Referencia 15769
Lugar da Mourisca, s/n. Chaín.
36380 GONDOMAR
Referencia 15769
Lugar da Mourisca, s/n. Chaín.
36380 GONDOMAR


Descricion Capela construída a base de cadeirado granítico, dunha soa nave con teitume a dúas augas e con remates en pináculos.
Posúe unha porta de entrada con arco conopial. Sobre ela hai unha fornela con pestana curvada. No medio atópase unha cartela de mármore no que figura a seguinte inscrición:
“RECONSTRUIDA ESTA CAPILLA
POR EL Dr EN MEDICINA Y CIRUJIA
Dº DAMASO MOREIRA
QUIEN LA DEDICA
PERPETUA MEMORIA DE SUS PADRES
OCTUBRE DE 1900”
Na parte alta aparece unha espadana dun so van con arco de medio punto. O conxunto remata cunha cruz de pedra e dous pináculos nos extremos.
No interior as paredes aparecen revocadas. Aínda conserva un pequeno altar. Dentro podemos ver unha tumba labrada co escudo de armas de Castro, onde repousan os restos do fundador, D. Francisco Ferreira de Castro, e do seu sobriño D. Pedro de Castro Ferreira Ulloa e Taboada.
Esta capela atópase ao lado do Pazo da Mourisca. Segundo a tradición popular, na primeira metade do século XX, ante ela celebrábase a romaxe e festa na honra á Virxe da Soidade cuxa última edición tivo lugar na década dos corenta do século pasado. Actualmente esta nun estado de ruína.
Estado actual Ruína pero salvable.
Campás 1 campá.
Actuacións urxentes Facer limpeza interior e teitar o edificio. Recuperable.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 13-09-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única. | LA INDUSTRIOSA SANJURJO | 1900 | 40.00 | 37 |