
| | Data de construción |
Século XII - XVI. |
|---|
| Descricion |
A igrexa de Adina ten a súa orixe no culto pagano á deusa Minerva que aó cristianizarse chamouse "A Digna" para finalmente transformarse na "Adina".
Templo construído sobre outro románico do que se conservan os muros e os aleros da nave, datados en 1170, aínda que a capela é do século XVI. Presenta planta rectangular, cunha soa nave con teito de madeira. A capela está cuberta con bóveda de crucería estrelada. A fachada principal é moi sinxela, destacando un arco de medio punto cunha talla pétrea da Virxe María, un rosetón e unha cruz no hastial. No lado dereito destaca unha pequena torre-campanario coroada por pináculos. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET [https://patrimoniogalego.net/index.php/18723/2012/05/igrexa-de-santa-maria-de-adina/] (09-05-2012) LEIRO MAGDALENA, David / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (27-11-2020) www.turismodesanxenxo.com [https://www.turismodesanxenxo.com/que-visitar/iglesia-de-santa-maria-de-adina/] (02-01-2026) www.turismo.gal (Xunta de Galicia) [https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4579/igrexa-de-santa-maria-de-adina?langId=gl_ES&ctre=31&tp=8] (02-01-2026) |
|