Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Neda - NEDA (GALICIA)
Referencia 4812
Avenida de Santa María de Neda, 37.
15510 NEDA
Referencia 4812
Avenida de Santa María de Neda, 37.
15510 NEDA

Data de construción Século XVIII.
Descricion Igrexa de planta de cruz latina, con tres corpos rectangulares engadidos, dous ós muros do presbiterio e un terceiro situado no muro meridional da nave. Esta última está dividida en tres treitos: os dous primeiros rectangulares e un terceiro, o correspondente ó cruceiro, cuadrangular. Os muros son de carga e presentan unha cuberta realizada a diferentes augas, segundo cada un dos corpos, con cubrición de tella curva do país.
Interiormente, un arco triunfal de medio punto delimita os espazos da nave e o presbiterio, do mesmo xeito que uns arcos semellantes a este dan acceso ás pequenas capelas laterais.
O exterior, o edificio presenta un xogo volumétrico no que se ven diferenciados cada un dos seus corpos. Os muros, con excepción do correspondente á fachada principal, presentan un revoco de cemento branqueado, agás os esquinais e recercados de ocos. A decoración concéntrase na fachada principal, de características inscritas no barroco final e que xa presentan un certo sabor a neoclásico. A fachada presenta un sistema pentagonal, con esquinais en resalte e cornixa lixeiramente voada e rematada en pináculos. Está dividida en tres panos, os dous laterais revocados e pintados de branco, mentres que no central se superpoñen unha porta rectangular moldurada, un oco octogonal, unha fornela e unha esvelta torre campanario. Esta última parte dunha base cuadrangular, que interrompe o eixo central da cornixa e posúe unha decoración de aplacados que baixan polo muro. Posúe dous corpos: un primeiro composto por catro machóns que dan lugar ós ocos onde se acubillan as campás, mentres que o segundo está formado por unha sinxela cúpula sobre tambor. O campanario, xunto coa distribución xeral en panos que posúe a fachada, acentúa o efecto de horizontalidade, que se mestura coa simetría xeral que se desprende do conxunto.
Campás 3 campás (2 na torre e 1 na capela lateral).
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| NÚÑEZ, Luís A. | Las campanas de Santa María doblan a media asta | 2011 |
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 13-01-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor | BLANCO, EMILIO (XUBIA) | 1900 | 75.00 | 244 |
| Torre-campanario | Maior | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 2011 | 80.00 | 296 |
| Torre-campanario da capela | Única. | CABRILLO, CASA (SALAMANCA) | 1968 | 60.00 | 125 |