Inventario de campás

Ermida de Santo Antón de Ábedes - VERÍN (GALICIA)

(Referencia: 5585)
Lugar de Ábedes, s/n.
32600 VERÍN


Descricion Capela de planta rectangular con teitume a dúas augas, con moitas reformas ao longo dos séculos. Conta con perpiaños romanos, elementos románicos e algunha ampliación do século XVIII.
Lugar de celebración da romaría de Santo Antón que se atopa entre a mitoloxía ancestral e a relixiosidade popular. Ofrenda ao santo protector e benfeitor o 17 de xaneiro, data de celebración da festividade de Santo Antón abade, venerado na Igrexa Católica.
A localidade de Ábedes (Verín) celebra o 17 de xaneiro a romaría de Santo Antón, máis coñecida como Festa do Chourizo. Comeza pola mañá coa chegada dos romeiros, que poden participar na misa solemne e procesión do santo polos exteriores da capela. Cara ao solpor aparece por primeira vez no ano a máscara do Cigarrón que, látego en man e cun sorriso cínico plasmado na súa careta, anuncia a proximidade do entroido.
Autor
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (21-10-2025)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    REDACCIÓNLa campana de la capilla de San Antón tendrá antirrobo2014
    2 Fotos
    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 21-10-2025


  • Ficha reducida (PDF)
  • VERÍN: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 22-05-2026

    Connectats: 116 Visitants: 116 Usuaris: 0