Igrexa Antiga de Santa María - OLEIROS (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa Antiga de Santa María - OLEIROS (GALICIA)

Referencia 5651




Web

Descricion Igrexa parroquial de orixe románica do século XIII, de planta rectangular dunha soa nave, capela maior e sancristía acaroada ó muro sur. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada agás esquinais, vans e espadana. Teito artesoado de madeira e cuberta a dúas augas con tella curva do país. Un arco triunfal de medio punto divide o acceso da nave ó presbiterio. No muro norte hai unha porta cegada e unha troneira abucinada de feitura medievalA fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un óculo e rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos sobre a cornixa franqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón curvilíneo moldurado e cun oco en arco de medio punto sobre cornixa, franqueado por dous pináculos piramidais, e rematado por outro pináculo moldurado cunha cruz de forxa.

Campás Con respecto as campás ten dúas, unha en cada oco, teñen xugos de madeira en moi bo estado de conservación e tócanse a man mediante unha cadea.

Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc

Actualización 15-11-2020

3 Fotos

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé [Igrexa de Santa María de Oleiros (A Coruña)] (29-04-2020)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (01-03-2023)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    TROIANO CARRIL, XoséIgrexa de Santa María de Oleiros (A Coruña)2020

    Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá pequenaAZA Y BLANCO, JOSÉ ANTONIO DE184856.00102
    EspadanaCampá grandePALACIO, DÁMASO185258.00113