Inventario de campás
Igrexa de Santaia de Abegondo - ABEGONDO (GALICIA)
Referencia 9778
Lugar do Adro,5.
15318 ABEGONDO
Referencia 9778
Lugar do Adro,5.
15318 ABEGONDO

Data de construción Século XVIII.
Descricion Igrexa de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular á que se lle engadiron tres pequenos corpos no seu muro meridional. A cuberta do edificio é a dúas augas, con estructura de madeira e cubrición de tella curva do país.
No interior, o presbiterio e a nave diferencian os seus espazos por medio dun arco de ingreso que se apoia sobre pilastras apegadas ó muro, do mesmo xeito que a entrada á capela vén definida por un arco de medio punto. Nesta última encóntrase un retablo barroco ornamentado con columnas salomónicas decoradas con uvas e acios, do mesmo xeito que tamén aparecen as pólas de figueira correspondentes ó escudo dos Figueroa. Nun dos muros laterais da capela inscríbese un escudo pétreo de características semellantes ós que figuran no ático do retablo.
O exterior concentra a súa decoración na fachada principal. Esta aparece dividida en tres panos; os dous laterais, revestidos, vense remarcados pola pedra á vista dos esquinais, zócalo e cornixa, mentres que o central, delimitado por dúas pilastras de orde xigante, concentra a práctica totalidade dos elementos ormanentais. De abaixo arriba presenta: unha porta rectangular adovelada, unha xanela rectangular e unha fornela cunha imaxe da Virxe cunha palma na man dereita e un libro na esquerda. Rematando este pano central, unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo flanqueado por dous pináculos moldurados con bóla e rematado por outro pináculo con bóla cunha cruz de forxa.
Nos anos oitenta do século XX, levouse a cabo no edificio unha profunda restauración, na que se deixaron ó descuberto determinados elementos interiores que estaban ocultos.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| SILVOSO, L. | «As campás usábanse para escorrentar as tormentas» | 2018 | |
| TROIANO CARRIL, Xosé | Igrexa de Santa Eulalia de Abegondo | 2018 |
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 11-10-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá pequena (1) | BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO | 1793 | 58.00 | 113 |
| Espadana | Campá grande (2) | BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878) | 1838 | 71.00 | 207 |