Igrexa de San Pedro de Orazo - A ESTRADA (GALICIA)

Igrexa de San Pedro de Orazo - A ESTRADA GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 22909)

Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 60

Peso aproximado (en quilogramos) 125

Fundidor TABOADA PORTAS, FIDEL (MONEIXAS)

Ano de fundición 1967

Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1967 por Fidel Taboada en Moneixas, Lalín (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
JHS JOSE Y MARIA ANO DE 1967 /
2 cordóns /

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
ME HIZO (FIDEL TABOADA EN MONEIJAS ) LALIN /
2 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 12-01-2024

5 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Mediana.

    (Referencia 22905)

    Localización Torre-campanario

    Diámetro (en cm) 70

    Peso aproximado (en quilogramos) 199

    Fundidor HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876)

    Ano de fundición 1848

    Descricion Campá mediana pendurada do oco traseiro da torre-campanario. Fundida en 1848 por Pedro Hontañón en Orazo, A Estrada (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 70 cm de diámetro.

    Terzo (T) 2 cordóns /
    JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1848 /
    2 cordóns /

    Medio (M) Presenta unha gran Custodia cun pedestal de 5 chanzos.

    Medio pé (MP) 3 cordóns.

    1 cordón.

    Cepo Xugo de madeira.

    Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

    Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación, aínda que tratándose deste fundidor e a súa freguesía, non debería ser refundida.

    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autors da documentación

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 12-01-2024

    4 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Maior.

    (Referencia 22904)

    Localización Torre-campanario

    Diámetro (en cm) 100

    Peso aproximado (en quilogramos) 579

    Fundidor LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)

    Ano de fundición 1913

    Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1914 por José Liste en Orazo, A Estrada (Pontevedra). Ten unha medida estimada dun metro de diámetro.

    Terzo (T) Greca triangular coas puntas cara arriba /
    2 cordóns /
    IHS MARIA Y JOSE ANO DE 1913ѧ /
    2 cordóns /
    greca triangular coas puntas cara abaixo.

    Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de 7 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal (Frores e pétalos). Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada. A decoración do brazo horizontal (patibulum) ten decoración de estrelas de oito puntas. Tres cordóns finos cinguen pola metade da stipes.

    Medio pé (MP) 2 cordóns /
    ѧ FUNDIDA POR J. LISTE EN ORAZO ѧ /
    2 cordóns.

    Cepo Xugo de madeira.

    Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.