Inventario de campás
Igrexa de San Pedro de Orazo - A ESTRADA
Referencia 13590
Lugar da Igrexa, s/n.
36588 A ESTRADA
Municipio A ESTRADA
Comunidade Autónoma / Departamento / Estado GALICIA
Referencia 13590
Lugar da Igrexa, s/n.
36588 A ESTRADA
Municipio A ESTRADA
Comunidade Autónoma / Departamento / Estado GALICIA

Descricion A igrexa de Orazo é resultado da execución de diferentes etapas construtivas. A primeira campaña daría orixe a un templo prerrománico, datado en torno ao século X, do que se conserva unha peza alongada a modo de lintel sobre a porta da sancristía con decoración de sogueado (Segundo Yzquierdo Perrín, o fragmento citado podería formar parte dunha mesa de altar, como no caso de Santa María do Naranco).
Nunha etapa posterior, levaría a cabo unha importante reforma, na que, partindo dos cimentos da anterior, construíuse un novo templo románico, doado a Santiago en 1115 pola raíña Dona Urraca, e do que aínda se manteñen interesantes vestixios nos seus muros, entre eles, quedan seis canterías con inscricións, estudadas por Fermín Bouza Brey nos seus Epígrafes Medievaes da Eirexa de Ourazo.
Finalmente, xa en época moderna, efectuaríase a actual fachada occidental coa poderosa torre-campanario que a remata, construída no estilo denominado “barroco compostelán”.
Terra de mestres fundidores de campás que viviron e tiveron o seu obradoiro nesta freguesía como, Juan Manuel de la Vega, Francisco de la Vega, Pedro Hontañón, Juan Liste Pereiras e o seu fillo, José Liste Villanueva.
Campás 3 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 12-01-2024
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| FERRO PEGO, Luis & TROIANO CARRIL, Xosé | Campás e campaneiros da Estrada | 2023 | |
| FERRO, Luís; TROIANO, Xosé | Orazo, terra de campaneiros | 2024 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | TABOADA PORTAS, FIDEL (MONEIXAS) | 1967 | 60.00 | 125 |
| Torre-campanario | Mediana. | HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876) | 1848 | 70.00 | 199 |
| Torre-campanario | Maior. | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1913 | 100.00 | 579 |