(Referencia 26899)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
Fundidor BLANCO LÓPEZ, JOSÉ ANTONIO (MONDOÑEDO)
Ano de fundición 1909
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1909 por José Antonio Blanco López, en Mondoñedo (Lugo). Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JEᲷUS MA Y JOSE ANO DE 1909 ѧ /
3 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal formado a base dunha figura de Santa Bárbara e o sinete coa inscrición "ME HIZO JOSE / ANTº BLANCO LOPEZ / EL MINDONIENSE". Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada. Ten unha decoración vexetal (pétalos). Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 6 cordóns.
Pé 1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-02-2026
(Referencia 26898)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
Fundidor CABRILLO MAYOR, JOSÉ
Ano de fundición 1943
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1943 por José Cabrillo Mayor, en Salamanca. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos. No lado oposto presenta un sinete ovalado coa inscrición: "GRAN FUNDICION DE CAMPANAS / JOSE CABRILLO MAYOR / METALES SUPERIORES / SALAMANCA".
Na zona inferior a inscrición: "AÑO DE 1943".
Medio pé (MP) 5 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo con arame e electro-mazo interior.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-02-2026