Inventario de campás
Igrexa de Santiago de Adelán - ALFOZ
Referencia 15319
Lugar da Igrexa, 2.
27773 ALFOZ
Municipio ALFOZ
Comarca COMARCA DA MARIÑA CENTRAL
Comunidade Autónoma / Departamento / Estado GALICIA
Referencia 15319
Lugar da Igrexa, 2.
27773 ALFOZ
Municipio ALFOZ
Comarca COMARCA DA MARIÑA CENTRAL
Comunidade Autónoma / Departamento / Estado GALICIA

Descricion A igrexa actual é o froito dunha serie de intervencións ao longo dos séculos. Del século XII consérvanse algúns elementos, aínda que a parroquia xa existía no século VII e hai autores que datan a portada no século X, pero o resto da construción é do século XVII. Ten tres naves separadas por arcos de medio punto e a sancristía situada detrás da cabeceira. A teitume da capela maior é de madeira e caída a catro augas e a sancristía a tres. A fachada principal conserva a portada románica, con arco de medio punto con dúas arquivoltas de arco de medio punto e dous pares de columnas con capiteis con ornamentación vexetal e zoomorfa. As bases son, a súa vez, capiteis invertidos da época sueva ou visigoda. Presentan decoración variada dende o peixe (primitivo signo cristián) ata a concha de vieira (o patrón da parroquia e de Santiago) pasando polos motivos vexetais. No muro exterior da sancristía, atópase unha cruz sobre o círculo que pode ser símbolo de consagración do templo na época medieval. Ten espadana de dous vans e consérvanse retablos no interior.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-02-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | BLANCO LÓPEZ, JOSÉ ANTONIO (MONDOÑEDO) | 1909 | 55.00 | 96 |
| Espadana | Maior. | CABRILLO MAYOR, JOSÉ | 1943 | 60.00 | 125 |