Igrexa de San Martiño de Poutomillos, - LUGO (GALICIA)

Igrexa de San Martiño de Poutomillos, - LUGO GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 27842)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 50

Peso aproximado (en quilogramos) 72

Fundidor FUNDICIONES PARDO S.L.

Ano de fundición 2000

Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida no 2000 por Fundiciones Pardo de Lugo. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
ANO 2.000 /
2 cordóns /
greca vexetal.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal dun chanzo feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal. Os brazos teñen remates lanceolados.
No lado oposto presenta a inscrición: "DONADA POLOS VECIÑOS / DE / POUTOMILLOS".

Medio pé (MP) 2 cordóns /
FUNDICIONES PARDO - LUGO /
2 cordóns.

Cepo Xugo de madeira con panca á dereita e cadea.

Mecanismos de toque Badalo.

Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 29-08-2026


4 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Maior.

    (Referencia 27841)


    Localización Espadana

    Diámetro (en cm) 55

    Peso aproximado (en quilogramos) 96

    Fundidor RUIZ, MANUEL

    Ano de fundición 1846

    Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1846 por Manuel Ruiz de Castrelo do Val, Ourense. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro. Está fendida.

    Terzo (T) ✱ /
    2 cordóns /
    JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE AÑO D 1846 ⁎ /
    2 cordóns.

    Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de estrelas de oito puntas, soles e lúas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates en tres illas romboides no patibulum e nunha cartela coas siglas INRI na stipes. Tres cravos curvos saen dos paos da cruz significando que Cristo foi desencravado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.

    Medio pé (MP) 3 cordóns.

    Nun rectangulo feito por estrelas de oito puntas presenta a inscrición: "SIENDO CURA D CAYETANO LATAS / FUE ECHA ⁎ POR ⁎ D⁎ MANUEL ⁎ RUIZ ⁎ /
    2 cordóns.

    Cepo Xugo de madeira.

    Estado actual Moi mala conservación. Anteriomente foi soldada pero apareceu unha gran fenda que colle gran parte da zona do Medio pola parte da cruz.

    Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

    Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

    Observacións Presenta unha soldadura feita fai tempo pero apareceu unha gran fenda que colle gran parte da zona do Medio pola parte da cruz. En caso de trocala campá, esta debería conservarse e musealizarse pois, non abundan as campás deste fundidor.

    Autors da documentación

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 29-08-2026


    4 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Ficha reducida (PDF)