Inventario de campás
Igrexa de San Martiño de Poutomillos, - LUGO (GALICIA)
Referencia 15747
Lugar da Uceira, 2.
27233 LUGO
Referencia 15747
Lugar da Uceira, 2.
27233 LUGO


Data de construción Séculos XII-XX.
Descricion Edificación do século XII (1129) e reedificada na segunda metade do XX feita a base de perpiaño e cachotería granítica, de planta rectangular dunha soa nave e con cuberta de lousa a dúas augas agás na capela maior que é a catro augas. A sancristía atópase pegada ao muro esquerdo da capela maior.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso alintelada e un ocelo con derrame interno. O conxunto remata nunha espadana de dous corpos con arcos de medio punto, o inferior de dous vans e o superior de un so van, con pináculos e cruz metálica de remate.
No seu interior destaca un arco triunfal de medio punto sobre pilastras con imposta moldurada, e unha lauda sepulcral cun brasón moi erosionado situada no piso da capela maior.
Esta igrexa aparece en documentos medievais como “Ecclesia Sancti Martini de Puctimilios”
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-08-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | FUNDICIONES PARDO S.L. | 2000 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Maior. | RUIZ, MANUEL | 1846 | 55.00 | 96 |