Concatedral Basílica de Santa María - 1617 - GALICIA

Concatedral Basílica de Santa María - 1617 - GALICIA

Campanas actuales

Casimiro (1)

Referència 6365

  • Archivo sonoro de la campana

  • Localización Torre norte

    Diámetro 48

    Altura 45

    Borde 5

    Peso aproximado64FundidorCARESA S. L.

    Año fundición 2000

    Descripción A campá ten unha breve inscrición, repartida en dous liñas. Di na parte superior "COLEGIATA SANTA MARIA VIGO SIENDO PARROCO D MOISES ALONSO" que deberon escreber como "COLEGIATA DE SANTA MARIA DE VIGO SIENDO PARROCO DON MOISES ALONSO" e embaixo "CASIMIRO AÑO 2000".
    Don Moisés ALONSO VALVERDE é o párroco da Colexiata (e Concatedral) de Santa María. Xa que logo presumimos que "CASIMIRO" debe ser o nome da campá, aínda que habitualmente o nome e o ano se porían no terzo, e o nome do párroco e da parroquia no medio pé.
    No medio pé hai á parte exterior a marca de fábrica e á parte interior dous anxos en adoración, aínda que non hai ningún obxecto entre eles. O habitual desta iconografía é unha custodia, aquí ausente.
    Non é improbable que estas campás non estivesen antes da última intervención e fosen un agasallo da empresa

    Tercio (T) (2 cordóns) /
    "COLEGIATA SANTA MARIA VIGO SIENDO PARROCO D MOISES ALONSO" /
    (2 cordóns) / "CASIMIRO AÑO 2000"

    Medio (M) (marca de fábrica) (campá) "Caresa / campanas"
    (07) (Dous anxos en adoración)

    Medio pie (MP) (3 cordóns)

    Prima Mib 5 +13

    Hum Lab 4 +02

    Tercera Lab 5 +16

    Quinta Si 5 -39

    Octava Re 6 -49

    Toques actuales de campanas Repenique manual e con electromazo

    Yugo Madeira novo

    Estado actual Numerosos defectos de fundición.
    Electromazo bate baixo.
    Parafusos no muro para subir a campá.

    Mecanismos de toque (03) Electromazo - Badalo

    Actuaciones urgentes O electromazo debe ser regulado para non pór en perigo a campá.

    Propuestas Estas dúas campás novas non forman parte do conxunto orixinal. Sería máis coherente a súa localización noutro templo, que carecese de campás, para manter a integridade orixinal dos toques da Catedral.

    Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado.

    Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura tras a súa documentación.

    Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autores de la documentación

    • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (10-09-2006)
    • VÁZQUEZ ARES, Mateo (31-01-2022)

    Autores ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc

    Fecha ficha 27-10-2016

    27 Fotos

    Carme (2)

    Referència 6366

  • Archivo sonoro de la campana

  • Localización Torre norte

    Diámetro 55

    Altura 50

    Borde 6

    Peso aproximado96FundidorCARESA S. L.

    Año fundición 2000

    Descripción A campá ten unha breve inscrición, repartida en tres liñas. Di na parte superior "COLEGIATA SANTA MARIA VIGO SIENDO PARROCO DON MOISES" que deberon escreber como "COLEGIATA DE SANTA MARIA DE VIGO SIENDO PARROCO DON MOISES" e embaixo "ALONSO CARME".
    Don Moisés ALONSO VALVERDE é o párroco da Colexiata (e Concatedral) de Santa María. Xa que logo presuminos que "CARME" debe ser o nome da campá, aínda que habitualmente o nome e o ano se porían no terzo, e o nome do párroco e da parroquia no medio pé.
    No medio hai á parte exterior unha Inmaculada e á parte interior a marca de fábrica (campá) "Caresa / campanas".
    No medio pé di "ANO 2000".
    Non é improbable que estas campás non estivesen antes da última intervención e fosen un agasallo da empresa.

    Tercio (T) (2 cordóns) /
    "COLEGIATA SANTA MARIA VIGO SIENDO PARROCO DON MOISES" /
    (2 cordóns) /
    "ALONSO CARME"

    Medio (M) (00) (Inmaculada)
    (06) (marca de fábrica) (campá) "Caresa / campanas"

    Medio pie (MP) (00) "AÑO 2000"
    (3 cordóns)

    Prima La 5 +10

    Hum Sol 4 -26

    Tercera Do 6 -38

    Octava Lab 6 +16

    Toques actuales de campanas Repenique manual e con electromazo

    Yugo Madeira novo

    Estado actual Numerosos defectos de fundición.
    Electromazo bate baixo.
    Parafusos no muro para subir a campá.

    Mecanismos de toque (09) Electromazo - Badalo

    Actuaciones urgentes O electromazo debe ser regulado para non pór en perigo a campá.

    Propuestas Estas dúas campás novas non forman parte do conxunto orixinal. Sería máis coherente a súa localización noutro templo, que carecese de campás, para manter a integridade orixinal dos toques da Catedral.

    Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado.

    Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura tras a súa documentación.

    Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autores de la documentación

    • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (10-09-2006)

    Autores ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc

    Fecha ficha 27-10-2016

    22 Fotos

    Cristo da Vitoria menor (3)

    Referència 6367

  • Archivo sonoro de la campana

  • Localización Torre norte

    Diámetro 92

    Altura 75

    Borde 10

    Peso aproximado451FundidorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)

    Año fundición 1927

    Descripción Na parte superior a campá leva a usual inscrición das campás galegas "JHS MARIA Y JOSE". JHS é o anagrama de Jesús en latín.
    Na parte de fóra, no medio, hai unha cruz con pedestal.
    No medio pé pon en latín "LAUS : TIBI : CHRISTE : VICTORIAE : HONOR : ET : GLORIA : ANNO : MCMXXVII" que pode traducirse como ENCOMIO A TÍ CRISTO DA VICTORIA, HONRA E GLORIA. O ANO 1927.
    Debaixo, na parte interior, está a marca de fábrica "FUNDIDA POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA"

    Tercio (T) (Cenefa) /
    (cordón) /
    (cordón) /
    "JHS MARIA Y JOSE"
    (cordón) /
    (cordón)

    Medio (M) (00) (cruz con pedestal) /
    (2 cordóns)

    Medio pie (MP) (cordón) /
    (cordón) /
    "LAUS : TIBI : CHRISTE : VICTORIAE : HONOR : ET : GLORIA : ANNO : MCMXXVII"
    (cordón) /
    (cordón) /
    (marca de fábrica) "FUNDIDA POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA"

    Prima Fa 4 +35

    Hum Sol 3 -08

    Tercera La 4 -03

    Quinta Do 5 +05

    Octava Fa# 5 -24

    Toques tradicionales de campanas Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá)

    Toques actuales de campanas Repique manual e con electromazo.

    Yugo Madeira novo

    Estado actual Badalo demasiado curto, bate demasiado alto.
    Electromazo bate baixo

    Mecanismos de toque (09) Electromazo - Badalo

    Intervenciones O cepo de madeira histórico foi substituído por un novo, de igual forma para todas as campás. O traballo foi realizado por CARESA en 2000.

    Actuaciones urgentes O electromazo e o badalo deben ser regulados para non pór en perigo a campá.

    Propuestas Debe substituírse o electromazo por un mecanismo, de gran velocidade de resposta, que tirase do badalo, mediante cable, e un gancho que puidese quitarse para repicar manualmente de xeito circular. O mecanismo pode ser hidráulico, como os utilizados na Catedral de València. O mecanismo estará utilizado no muro lateral, e tirará dun cable que pase pola polea correspondente. A solución, aparte de ser máis rápida e permitir o toque manual, é moito mais limpa visualmente.
    Igualmente debe dotarse ao badalo dunha fixación articulada que permita o repique circular sen límites. Os badalos deberán estar protexidos contra a oxidación.

    Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado.

    Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura tras a sua documentación.

    Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autores de la documentación

    • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (10-09-2006)
    • VÁZQUEZ ARES, Mateo (31-01-2022)

    Autores ficha LLOP i BAYO, Francesc

    Fecha ficha 01-02-2022

    30 Fotos

    Ángel (4)

    Referència 6368

  • Archivo sonoro de la campana

  • Localización Torre norte

    Diámetro 95

    Altura 80

    Borde 9

    Peso aproximado496FundidorRUCABADO, JOSÉ

    Año fundición 1807

    Descripción Na parte superior a campá leva a usual inscrición das campás galegas " #IHS# MARIA Y JOSEF# #AÑO# #DE# #I8O7# ". IHS é ao anagrama de Jesús en grego.
    Na parte de fóra, no medio, hai unha cruz con pedestal. Na parte interior hai unha custodia.
    No medio pé di " #LA UOZ# DEL # ANGEL # ALTO # SUENA # AUEMARIA # GRACIA # PLENA # " que se escribe habitualmente SOY LA VOZ DEL ANGEL QUE EN ALTO SUENA AVE MARIA GRACIA PLENA ou mellor aínda en latín AVE MARIA GRATIA PLENA.
    "AVE MARIA GRATIA PLENA DOMINUS TECUM" é unha variante do saúdo angélico a María en Lc 1:28, onde escriben "AVE, GRATIA PLENA, DOMINUS TECUM" que pode traducirse como CHE SAÚDO, CHEA DE GRAZA, O SEÑOR ESTÁ CONTIGO" A inclusión do nome de María, que no relato evangélico figura no versículo anterior, é habitual nestes textos. Tamén é relativamente normal a confusión de GRACIA por GRATIA, nun momento en que as linguas vulgares comezan a ter máis uso que o latín.
    No pé está o nome do fundidor, mal documentado. Parece que di "DON JOSEF DE RVCABADO ME FECIT" aínda que as dúas últimas palabras son moi dubidosas e deben verificarse.

    Tercio (T) (2 cordóns) /
    " #IHS# MARIA Y JOSEF# #AÑO# #DE# #I8O7# " /
    (2 cordóns)

    Medio (M) (00) (cruz con pedestal)
    (06) (custodia)

    Medio pie (MP) (2 cordóns) /
    " #LA UOZ# DEL # ANGEL # ALTO # SUENA # AUEMARIA # GRACIA # PLENA # " /
    (2 cordóns)

    Pie (P) (11) "DON JOSEF DE RVCABADO ME FECIT" (As dúas últimas palabras mal documentadas e xa que logo dubidosas)

    Prima La 4 -19

    Hum Sol 3 +08

    Tercera Do 5 +18

    Quinta Fa# 5 -35

    Octava Sol 5 +25

    Toques tradicionales de campanas Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá)

    Toques actuales de campanas Repique manual e con electromazo. A localización do electromazo no interior da campá limita en gran parte os toques manuais.

    Yugo Madeira novo

    Estado actual Badalo demasiado curto, pega demasiado alto
    Electromazo pega baixo. Electromazo golpea por dentro e dificulta o toque manual.
    Soporte auxiliar de ferro para o eixo esquerdo.

    Mecanismos de toque (09) Electromazo - Badalo

    Intervenciones O cepo de madeira histórico foi substituído por un novo, de igual forma para todas as campás. O traballo foi realizado por CARESA en 2000.

    Actuaciones urgentes O electromazo e o badalo deben ser regulados para non pór en perigo a campá.

    Propuestas Debe substituírse o electromazo por un mecanismo, de gran velocidade de resposta, que tirase do badalo, mediante cable, e un gancho que puidese quitarse para repicar manualmente de xeito circular. O mecanismo pode ser hidráulico, como os utilizados na Catedral de València. O mecanismo estará utilizado no muro lateral, e tirará dun cable que pase pola polea correspondente. A solución, aparte de ser máis rápida e permitir o toque manual, é moito mais limpa visualmente.
    Igualmente debe dotarse ao badalo dunha fixación articulada que permita o repique circular sen límites. Os badalos deberán estar protexidos contra a oxidación.

    Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.

    Valoración En caso de rotura só pode ser soldada. Pode ser substituída por outra campá de distinta afinación.

    Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autores de la documentación

    • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (10-09-2006)
    • VÁZQUEZ ARES, Mateo (31-01-2022)

    Autores ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc

    Fecha ficha 27-10-2016

    45 Fotos

    Santa Bárbara (5)

    Referència 6369

  • Archivo sonoro de la campana

  • Localización Torre norte

    Diámetro 97

    Altura 85

    Borde 10

    Peso aproximado528FundidorRODRÍGUEZ, JUAN ANTONIO

    Año fundición 1782

    Descripción A campá ten unha inscrición mal documentada na parte superior: "IHS S... DE VIGO I S BÁRBARA RO[...] POR NOS" Hai unha parte incompleta ao principio, que pode ser SALVADOR ou SEÑOR, mentres que a segunda falta está cuberta por defectos irreversibles de fundición. Seguramente querían pór ROGAD. É a primeira vez que atopamos a expresión NOS, no canto de NOBIS (en latín) ou NOSOTROS (en español).
    No medio hai, á parte exterior, unha cruz con pedestal.
    No medio pé interior unha imaxe de Santa Bárbara. Embaixo di "SE HIZO ANO DE I782 SIENDO PROCVRADOR GENERAL DN DIEGO DE MARZIA" que deberon escreber SE HIZO EL AÑO DE 1782 SIENDO PROCURADOR GENERAL DON DIEGO DE MARZIA.
    No pé, á parte interior, atópase a marca de fábrica, cunha firma tamén única: " # JVAN # ANTOU # / # RODRIGVEZ # / # FECIT # / # ME # " é dicir JUAN ANTONIO RODRIGUEZ FÍXOME. No entanto o habitual é pór, en latín, ME FECIT.

    Tercio (T) (Cenefa) /
    (cordón) /
    (cordón) /
    "IHS S... DE VIGO I S BARBARA RO[...] POR NOS" (As primeiras palabras non documentadas; a palabra RO con defecto de fundición que a fan ilegible.)/
    (cordón) /
    (cordón) /
    (cenefa)

    Medio (M) (00) (cruz con pedestal) /
    (2 cordóns)

    Medio pie (MP) (06) (Santa Bárbara) /
    (2 cordóns) /
    "SE HIZO ANO DE I782 SIENDO PROCVRADOR GENERAL DN DIEGO DE MARZIA" /
    (2 cordóns)

    Pie (P) (00) (marca de fábrica) " # JVAN # ANTO # / # RODRIGVEZ # / # FECIT # / # ME # "
    (2 cordóns)

    Prima Lab 4 +13

    Hum Fa# 3 -47

    Tercera Si 4 -40

    Quinta Fa# 5 -09

    Octava Sol 5 +15

    Toques tradicionales de campanas Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá)

    Toques actuales de campanas Repique manual e con electromazo.

    Yugo Madeira novo

    Estado actual Numerosos defectos de fundición na parte superior, que afectan ás decoracións e ao texto.
    Asas (non encaixadas no cepo novo).
    Desgaste de campá por toque circular do badalo.

    Mecanismos de toque (09) Electromazo - Badalo

    Intervenciones O cepo de madeira histórico foi substituído por un novo, de igual forma para todas as campás. O traballo foi realizado por CARESA en 2000.

    Propuestas Debe substituírse o electromazo por un mecanismo, de gran velocidade de resposta, que tirase do badalo, mediante cable, e un gancho que puidese quitarse para repicar manualmente de xeito circular. O mecanismo pode ser hidráulico, como os utilizados na Catedral de València. O mecanismo estará utilizado no muro lateral, e tirará dun cable que pase pola polea correspondente. A solución, aparte de ser máis rápida e permitir o toque manual, é moito mais limpa visualmente.
    Igualmente debe dotarse ao badalo dunha fixación articulada que permita o repique circular sen límites. Os badalos deberán estar protexidos contra a oxidación.

    Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.

    Valoración En caso de rotura só pode ser soldada. Pode ser substituída por outra campá de distinta afinación.

    Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autores de la documentación

    • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (10-09-2006)
    • VÁZQUEZ ARES, Mateo (31-01-2022)

    Autores ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc

    Fecha ficha 27-10-2016

    43 Fotos

    Cristo da Vitoria e Santa María (6)

    Referència 6370

  • Archivo sonoro de la campana

  • Localización Torre norte

    Diámetro 123

    Altura 95

    Borde 13

    Peso aproximado1077FundidorOCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)

    Año fundición 1943

    Descripción Na parte superior a campá leva a usual inscrición das campás galegas "JHS MARIA Y JOSE AÑO DE 1943". JHS é o anagrama de Jesús en latín.
    Na parte de fóra, no medio, hai unha cruz con pedestal.
    Na parte interior hai un longo texto en latín "IN HONORE D. N. J. DE VICTORIA NUNCUPATI : EJUSQUE GENETRIS B. M. V. SUB TITULO ASSUMPTIONIS : HUJUS PAROCHIAE D. PATRONAE : IN DIE FESTIVITATIS S CORPORIS ET S JOANNIS : ANNI DOMINI FAUSTINOS ANDE ET GARCIA ADAS / PARACHUS BENEDIXIT # # # # " que deberon escribir sen abreviaturas "IN HONORE DOMINI NOSTRI JESUCHRISTO DE VICTORIA NUNCUPATI : EJUSQUE GENETRIS BEATI MARIAE VIRGINIS SUB TITULO ASSUMPTIONIS : HUJUS PAROCHIAE DICATA PATRONAE : IN DIE FESTIVITATIS SANCTISSIMUS CORPORIS ET SANCTE JOANNIS : ANNI DOMINI FAUSTINOS ANDE ET GARCIA ADAS / PARACHUS BENEDIXIT # # # # " que pode traducirse como EN HONRA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO, PROPIAMENTE CHAMADO DA VICTORIA E DA SUA NAI SANTA MARÍA VIRXE, DECLARADA PATROA DESTA PARROQUIA BAIXO O TÍTULO DA ASUNCIÓN, NO DÍA DA FESTIVIDADE DO SANTÍSIMO CORPO (DE CRISTO) E DE SAN JUAN, NO ANO DO SEÑOR (CITADO) BENDÍXOME O PÁRROCO FAUSTINO ANDE E GARCÍA ADAS.
    Debaixo, na parte interior, está a marca de fábrica "FUNDIDA POR OCAMPO / EN ARCOS DA CONDESA"

    Tercio (T) (Cenefa) /
    (cordón) /
    (cordón) /
    "JHS MARIA Y JOSE AÑO DE 1943"
    (cordón) /
    (cordón)

    Medio (M) (00) (cruz con pedestal) /
    (2 cordóns)

    Medio pie (MP) (06) "IN HONORE D. N. J. DE VICTORIA NUNCUPATI : / EJUSQUE GENETRIS B. M. V. SUB TITULO / ASSUMPTIONIS : HUJUS PAROCHIAE D. PATRONAE : / IN DIE FESTIVITATIS S CORPORIS ET S JOANNIS : / ANNI DOMINI FAUSTINOS ANDE ET GARCIA ADAS / PARACHUS BENEDIXIT # # # # " /
    (4 cordóns)

    Prima Re 4 -42

    Hum Reb 3 +42

    Tercera Fa 4 -28

    Quinta Sol 4 -33

    Octava Reb 5 +09

    Toques tradicionales de campanas Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá)

    Toques actuales de campanas Repique manual e con electromazo.

    Yugo Madeira novo

    Estado actual Desgaste de campá por toque circular do badalo.
    O electromazo interior impide o repique circular tradicional.

    Mecanismos de toque (09) Electromazo interior - Badalo

    Intervenciones O cepo de madeira histórico foi substituído por un nova, de igual forma para todas as campás. O traballo foi realizado por CARESA en 2000.

    Propuestas Debe substituírse o electromazo por un mecanismo, de gran velocidade de resposta, que tirase do badalo, mediante cable, e un gancho que puidese quitarse para repicar manualmente de xeito circular. O mecanismo pode ser hidráulico, como os utilizados na Catedral de València. O mecanismo estará utilizado no muro lateral, e tirará dun cable que pase pola polea correspondente. A solución, aparte de ser máis rápida e permitir o toque manual, é moito mais limpa visualmente.
    Igualmente debe dotarse ao badalo dunha fixación articulada que permita o repique circular sen límites. Os badalos deberán estar protexidos contra a oxidación.

    Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado.

    Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura tras a súa documentación.

    Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autores de la documentación

    • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (10-09-2006)
    • VÁZQUEZ ARES, Mateo (31-01-2022)

    Autores ficha LLOP i BAYO, Francesc

    Fecha ficha 01-02-2022

    32 Fotos

    Campá dos cuartos (A)

    Referència 6363

  • Archivo sonoro de la campana

  • Localización Torre sul

    Diámetro 70

    Peso aproximado199FundidorMUNAR I, JUAN DE (MERUELO)

    Año fundición 1630ca

    Descripción Campá inaccesible. Soamente pódese ler no medio pé "... DE MVNAR ME FECIT ANO DE ..."
    O ano non se pode documentar pola cor da campá e a distancia. Un Juan de Munar traballaba en Galicia onde morreu en 1630. Quizais fose deste autor e sería xa que logo do século XVII, o que soamente pode verificarse accedendo á campá.
    No medio ten cruz con pedestal.

    Medio pie (MP) (2 cordóns) /
    "... DE MVNAR ME FECIT ANO DE ..." (O ano non se pode documentar pola cor da campá e a distáncia) /
    (2 cordóns)

    Prima Mib 5 +13

    Hum Sol 4 -26

    Tercera Si 5 -41

    Quinta Do 6 -38

    Octava Sol 6 -05

    Toques tradicionales de campanas Cuartos do reloxo.

    Toques actuales de campanas O electromazo non funciona en setembro de 2006

    Yugo Barras de ferro

    Estado original Toque dos cuartos do reloxo por gravidade, sen outro uso nin sinal.

    Estado anterior A primeira mecanización substituíu o tiro do mazo exterior desde o reloxo mecánico por un motor eléctrico que facía a mesma función, ata desde a antiga sala do reloxo.

    Estado actual Badalo de campá tirado no chan (asa badajera rota por exceso de óxido? Rotura relativamente habitual en Galicia)

    Mecanismos de toque Electromazo

    Intervenciones Substitución do mazo exterior por gravidade por un electromazo tamén exterior. Actuación probablemente realizada por CARESA.

    Actuaciones urgentes Debe reparar-se o electromazo

    Propuestas Seria conveniente repor o mazo exterior por gravidade, para recuperar a sonoridade orixinal da campá. Este mecanismo pode ser movido por un motor eléctrico ou por un sistema hidráulico, como o resto das campás.
    Non parece necesario repor o badalo, pois a campá dos cuartos non adoita utilizarse, nin sequera para toques extraordinarios.

    Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. Segundo a antigüidade da campá podería ser incoada como BIC ou introducida no Inventario Xeral de Bens Mobles.

    Valoración Pendente de valorar tras a documentación.

    Instalación A instalación foi substituída e debe ser reconstruída para restaurar os valores sonoros e culturais do instrumento, asi como os toques tradicionais.

    Notas Medidas aproximadas - Inaccesible - Non se toca.

    Autores de la documentación

    • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (10-09-2006)

    Autores ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc

    Fecha ficha 27-10-2016

    10 Fotos

    Campá das horas (B)

    Referència 6364

  • Archivo sonoro de la campana

  • Localización Torre sul

    Diámetro 100

    Altura 80

    Borde 10

    Peso aproximado579FundidorPALLÉS, YSIDRO

    Año fundición 1860

    Descripción Ten unha inscrición concisa, característica das campás municipais para reloxo:"VIGO / EL AYUNTAMIENTO DE / 18 60"
    No medio pé figura unha custodia á parte exterior; á dereita San José, á parte interior a marca de fábrica "(campá) CONSTRUIDA (campá) / POR / YSIDRO PALLES / EN / BARCELONA" e á esquerda unha Virxe con Neno. As asas da campá están adornadas con mascarons.

    Asas Asas con mascarons

    Tercio (T) (06) "VIGO / EL AYUNTAMIENTO DE / 18 60" /
    (cordón) /
    (cenefa) /
    (cordón)

    Medio pie (MP) (00) (Custodia)
    (03) (Virxe con Neno)
    (06) (marca de fábrica, monotipo) "(campá) CONSTRUIDA (campá) / POR / YSIDRO PALLES / EN / BARCELONA"
    (09) (San José) /
    (cordón cos bordos afundidos, que parece triplo) /
    (cordón cos bordos afundidos, que parece triplo) /
    (cordón cos bordos afundidos, que parece triplo) /
    (cordón cos bordos afundidos, que parece triplo)

    Pie (P) (Cordón) /
    (cenefa) /
    (cordón)

    Prima Fa# 4 +00

    Hum Fa# 3 -47

    Tercera La 4 +35

    Octava Sol 5 -46

    Toques tradicionales de campanas Horas do reloxo

    Toques actuales de campanas Horas do reloxo

    Yugo Barras de ferro

    Estado original Toque das horas do reloxo por gravidade, tocandose co badalo para ocasións extraordinarias.

    Estado anterior A primeira mecanización substituíu o tiro do mazo exterior desde o reloxo mecánico por un motor eléctrico que facía a mesma función, ata desde a antiga sala do reloxo.

    Estado actual Badalo substituído polo electromazo interior

    Mecanismos de toque Mazo exterior por gravidade inutilizado - Electromazo

    Intervenciones Substitución do mazo exterior por gravidade por un electromazo tamén exterior. Actuación probablemente realizada por CARESA.

    Propuestas Seria conveniente repor o mazo exterior por gravidade, para recuperar a sonoridade orixinal da campá. Este mecanismo pode ser movido por un motor eléctrico ou por un sistema hidráulico, como o resto das campás.
    O badalo debe ser reposto para toques extraordinarios.

    23 Fotos