Retiran as campás da Berenguela do ano 1729 - Autor: VIZ, Tino / LA VOZ DE GALICIA
Hai 29 anos retiraban as dúas campás da torre Berenguela para a súa substitución por outras novas fabricadas en Holanda. O operativo xerara unha gran expectación, con centenares de composteláns seguindo as tres fases das tarefas -descolgue, saída e baixada- durante dúas horas e media. As campás, duns 7.000 e 2.000 quilos, databan do ano 1729, pero facía trece anos que deixaran de escoitarse os seus tañidos debido á súa deterioración, xa que presentaban gretas.
As campás foron trasladadas a Holanda para ser copiadas exactamente en grosor, forma, debuxo e ata o seu son orixinal, que perderan.
LA VOZ DE GALICIA
(27-09-2018)
![]() |
||