| Vídeo | Para descargar o vídeo |
|---|---|
| Autors da documentación | GALICIA NO SEU PUNTO |
| Título | As campás |
| Data | 19-04-2016 |
| Duración | 34:37 |
| Clase | Fabricación, fundición de campás |
| Observacións |
Os expertos aseguran que foron o primeiro medio de comunicación do poder para se relacionar cos veciños. O programa comezará en Bastavales, cuxas campás invocaba Rosalía no seu poema. A reporteira Beatriz Campos irá na busca do campaneiro, Ramón Montero, que lle explicará os toques de campá con sentido relixioso (alba, ángelus, ánimas, a morto, a misa, etc.). Tamén a porá na pista dunha das campás máis antigas de Galicia, “A Paula”, en Mondoñedo. Alí coñecerá a Valentín Insua, o derradeiro campaneiro que segue a tocar a man as campás nunha catedral española. Insua faralle unha demostración dos diferentes xeitos de tocar e voltear unha campá de varias toneladas. CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA |
| Vídeo HD | |
![]() |
||
© Campaners de la Catedral de València (2026) campanerscatedralvalencia@gmail.com Actualización: 10-02-2026 |
||