Inventario de Campás

Igrexa de San Nicolás de Cines - OZA-CESURAS (GALICIA)

(Referencia: 10114)
Lugar de Casas Novas, 3.
15389 OZA-CESURAS


Descricion O templo de San Nicolás de Cines é o edificio relixioso de máis interese do concello de Oza. Na súa orixe formaba parte do mosteiro beneditino de San Salvador. Hoxe, a igrexa é a parroquial de San Nicolas. O mosteiro foi fundado nos séculos de finais do IX e principios do X polos Condes Aloito e Paterna. Entre os anos 908 e 911 delimitaron os seus termos o rei Ordoño II e a súa dona, a raíña Elvira que coincidía coa zona norte do actual concello. Anos máis tarde o rei Fernando I ampliaría ata as freguesías de Trasanquelos, Morranca e Armental. No século XII o mosteiro figura como propiedade de Pedro Froilad, Conde de Traba, que irá ampliando os seus dominios polas terras circundantes ata chegar a Coirós, A Espenuca, Vilamateo, Bravío ou Sarandóns.
Nembargantes, no século XIV, o mosteiro perderá gran parte do protagonismo, xa que deixa de ser abadía para converterse en priorado do mosteiro de San Martiño Pinario. Máis tarde, perante a Desamortización do século XIX o mosteiro perde tódas as súas propiedades desaparecendo as instalacións monacais, conservándose unicamente a igrexa de San Nicolas de Cines.
Da primeira igrexa mozárabe só se conserva un capitel de mármore e un modillón e pode que tamén unha inscrición mutilada.
A igrexa actual ten planta basilical de tres naves con tendencia a cruceiro no alzado e cunha cabeceira tripartita formada por tres ábsidas, un central de maiores dimensións e heptagonal e dous laterais menores e pentagonais, nos que se abren esbeltos ventanais góticos. Abunda a decoración escultórica e sobre todo luminosidade favorecida pola apertura de grandes xanelas e rosetóns. Os arcos das naves son apuntados e dispóñense sobre feixes de columnas-piares. O esquema da ábsida é a propia dos templos franciscanos e dominicos do momento.
As bóvedas que cobren a capela son nervadas de abanico e accédese a esta zona por medio de arcos apuntados que arrancan de semicolumnas apegadas.
Cara ó exterior cabe destaca-la porta principal presidida por un rosetón, con arquivoltas apuntadas sobre columnas acobadadas. No tímpano represéntase ó Salvador, San Benito e San Bernardo. Na fachada norte aparece unha portada de esquema similar, aínda que neste caso a escena representada é a Adoración dos Reis Magos. Outro elemento de interese son os dous rosetóns existentes, un na fachada principal xa mencionada e outro no testeiro da nave central.
A fachada occidental sigue o modelo románico de distribución en tres rúas, correspondentes ás tres naves, mediante catro contrafortes. Na esquina Norte sitúase unha torre-campanario con catro ocos de arco lixeiramente apuntado onde van situadas dúas campás elaboradas en Arcos da Condesa en Caldas de Reis, unha no frontal e outra na cara esquerda da torre.
A igrexa de Cines pode definirse como un bo exemplo de arquitectura oxival con tradición románica na decoración.
Xunto a igrexa atópase a Rectoral de Cines, relacionada tamén co antigo mosteiro e hoxe restaurada e rehabilitada como establecemento de turismo rural.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (15-03-2013)
  • TROIANO CARRIL, Xosé (24-04-2019)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    TROIANO CARRIL, XoséIgrexa de San Nicolás de Cines (Oza-Cesuras, A Coruña)2019
    2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 06-03-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre de campásCampá pequena (1)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)194066166
    Torre de campásCampá grande (2)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)191675244

  • Ficha reducida (PDF)
  • OZA-CESURAS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 14-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 32 Visitants: 32 Usuaris: 0