| Data de construción |
Séculos XVIII-XIX. |
---|
Descricion |
A igrexa comezou a construírse no 1767, e completaríase no S XIX coa sancristía. De estilo neoclásico, é de planta rectangular con tellado a dúas augas con tella. A fachada principal é de forma pentagonal, coa porta central e unha pequena fiestra a media altura. Na parte alta central érguese a espadana, cunha cornixa sobre a que van dous arcos de medio punto con cadansúa campá, e enriba outra cornixa sobre a que se asenta un triángulo cos dous laterais cóncavos e tres pináculos nos ángulos, ademais da cruz metálico no superior. Os muros laterais están caleados. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
Autorwww.turismo.gal (Xunta de Galicia). (29-05-2022) |
|