Inventario de Campás

Igrexa de San Pedro da Redonda - CORCUBIÓN (GALICIA)

(Referencia: 12122)
Igrexario de Redonda
15137 CORCUBIÓN


Descricion A única parroquia do concello, aparte da que constitúe a capital municipal, é Redonda, que se reparte en varias aldeas pola península de Quenxe. A igrexa parroquial de San Pedro é orixinalmente románica, pero tamén sufreu grandes reformas, sendo a última nos anos 1991 e 1992 restaurando a igrexa e o adro no que tan só quedan daquel estilo o arco triunfal e a ábsida de base rectangular. No testeiro ábrese a típica ventá románica. Tamén consérvanse alguns canzorriños primitivos sostendo o aleiro do tellado. O edificio é de reducidas dimensións con nave e capelas únicas, ambas de planta rectangular. Está cuberta a dúas augas con tellado de tella.
A decoración exterior contén motivos vexetais, destacan a espadana dun corpo con dous arcos de medio punto peraltados sobre alicerces, un frontón, dous acróteros piramidais e unha cruz.
A decoración interior contén retablos con imaxes como a de San Pedro, unha pequeña talla gótica duns 40 cms, a da Virxe das Mercedes, a da Virxe do Carme, unha talla de San Xoán Bautista e a da Virxe do Rosario.
O campo onde se atopa a igrexa está nun lugar moi fermoso e contén ademáis da igrexa, un camposanto e un cruceiro.
Campás A Campá maior fundida en 1994 polos Irmáns Ocampo en Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra). A menor é unha campá anepígrafa. Ten unha diferencia de 32 cm no diámetro entre a maior e a menor. Neste tipo de campás pequenas, case é normal, son de tipo ferroviarias e moi semellantes ás mariñas.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (14-09-2011)
  • GARRIDO, Santiago / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (08-05-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (09-05-2021)
  • 6 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 30-10-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá menor (1)3117
    EspadanaCampá maior (2)OCAMPO, HERMANOS199463145

  • Ficha reducida (PDF)
  • CORCUBIÓN: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 46 Visitants: 46 Usuaris: 0