Inventario de Campás

Ermida de Santa Mariña de Tosto - CAMARIÑAS (GALICIA)

(Referencia: 12210)
Santa Mariña, s/n.
15122 CAMARIÑAS

Descricion Campá da igrexa de Santa Mariña de Tosto (Camariñas, A Coruña). Unha campá fundida pola fundición Ortiz na Coruña pero non sabemos o ano.
Onde hoxe está situado a pequena capela e o campo da festa, os eremitas benedictinos fundaron o mosteiro de Santa Mariña de Tosto que foi obxecto de múltiples saqueos por parte de piratas e normandos que se infiltraban pola costa, non quedando na actualidade vestixio dese pasado. Un dos primeiros documentos conservados que fai referencia ás terras da Costa da Morte é unha rica doazón a favor do mosteiro de Santa Mariña de Tosto (Xaviña – Camariñas), datado no ano 1046. O cronista benedictino fray A. de Yepes afirmaba a inicios do século XVII que este mosteiro era moi antigo, posiblemente de principios do século X, e que debido á súa riqueza, fora saqueado en varias ocasións, en parte, pola súa proximidade á costa. No último cuarto do século X o mosteiro foi restaurado como priorato do mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares pero sería destruído de novo para voltar a ser reedificado a finais do século XII cando o abade de San Paio lle concede as terras que van desde San Simón de Nande (Laxe), San Martiño de Carantoña e San Cristovo de Carnés (Vimianzo) e San Pedro de Leis (Muxía) ata o mar, dándolle tamén para o seu sustento as rendas do coto de Moraime (Muxía). No século XVII, arruinados os claustros, tan só quedaba en pé a igrexa, da que hoxe só lle queda unha simple capela, quedando da fábrica románica o arco triunfal do seu interior.
Campás 1 campá.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (24-09-2011)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (25-12-2020)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 17-09-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá (1)ORTIZ1950ca

  • Ficha reducida (PDF)
  • CAMARIÑAS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 03-07-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 34 Visitants: 34 Usuaris: 0