Inventario de Campás

Espadana da igrexa de San Cibrán de Vilastose - MUXÍA (GALICIA)

(Referencia: 12269)
Lugar da Grixa
15124 MUXÍA


Data de construción Séculos XII-XIII.
Descricion A igrexa de Vilastose está situada no lugar da Grixa, Pertence ó concello de Muxía, aarciprestazgo de Nemancos e diócese de Santiago de Compostela.
Ten unha planta de salón con dúas capelas ós lados. simulando un cruceiro. No século XX cambiouse o teito ó engadírselle unha cuberta de placa de formigón.
Ós pés levántase un coro alto de cemento e un espazo adicado o baptisterio. A capela maior, de planta rectangular, presenta unha cima-recta tallada en granito, que marca a liña de imposta desde que arranca a bóveda. As dúas capelas que se abren á nave central, ó norte e ó sur respectivamente, están adicadas á Nosa Señora do Rosario e á Concepción. A primeira foi fundada por don Cristobal de Pazos, fidalgo local; e a segunda pola familia dos Agulleiro, en época barroca. A sancristía, con acceso desde ó interior do presbiterio e desde o exterior do templo, cóbrese cunha bóveda granítica de canón, lixeiramente apuntada. Unha das singularidades do uso proxémico do espazo nesta parroquia é a colocación de elementos da arquitectura popular como o hórreo, xunto a outros de carácter relixioxo como o campanario. Unha espadana de estilo barroco, desprazado da súa localización habitual da igrexa. A espadana ten dous ocos en arco de medio punto sobre unha base de perpiaño e rematado por un frontón curvo partido flanqueado por dous pináculos e rematando o conxunto por unha cruz de granito.
Acústica, afinación das campás Hai algunhas igrexas que teñen unhas espadanas exentas nun lugar máis alto, como é o caso. Así cando tocan, o son chega máis lonxe, por que ademais non ten ningún obstáculo derredor.
Campás 2 campás. A maior de 1903, fundida por d. Melchor Ocampo e a menor de 2001 fundida polos Ocampo en Arcos da Condesa.
Autor
  • SORALUCE BLOND, J.R. e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X (Arquitecturas da provincia da Coruña, Tomo IV) (1997.--)
  • GARRIDO, Santiago / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (18-04-2021)
  • GARCÍA QUINTÁNS, Modesto (11-09-2021)
  • BERNAL TORTOSA, Vicente Jesús / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (14-01-2022)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (14-01-2022)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    GARCÍA QUINTÁNS, ModestoA linguaxe das campás parroquiais na nosa comarca2021
    8 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 18-06-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Espadana exentaMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)20015177
    Espadana exentaMaior.OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)190383331

  • Ficha reducida (PDF)
  • MUXÍA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 15-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 34 Visitants: 33 Usuaris: 1 - francesc