| Descricion |
Edificación do século XVIII feita en perpiaño granítico, de planta rectangular e cuberta a dúas augas con pináculos de bóla nos extremos.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso lintelada. Por riba dela unha fornela con columnas e arquivoltas que alberga ao patrón. Máis arriba unha fiestra con derrame interno. O conxunto remata nunha torre campanario con remate de cúpula en pedra e cruz de ferro no cume. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (31-10-2018) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (11-01-2023) |
|