Inventario de Campás

Igrexa de Santa Cristina de Barro - NOIA (GALICIA)

(Referencia: 12777)
Rúa Santa Cristina, nº 6.
15210 NOIA


Data de construción Século XVIII.
Descricion Igrexa do século XVIII feita a base de perpiaño granítico, con planta de cruz latina dunha soa nave e con cabeceira cadrada. A igrexa posúe cuberta a dúas e tres augas.
A capela maior atópase na cabeceira e, xunto a ela no muro Norte, a sancristía (de planta rectangular) á que se accede dende o presbiterio.
A fachada principal posúe porta alintelada, unha fornela coa imaxe de Santo Antonio de Padua, unha xanela rectangular con vidreira, e un escudo heráldico.
O conxunto remata con dous pináculos de bóla nos extremos da cornixa, e unha torre campanario de planta rectangular dividida en dous corpos, todos eles con balaustrada metálica.
O corpo superior posúe cúpula sobre tambor e cruz pétrea de remate.
No interior da igrexa podemos ver un retablo do século XVIII que, no ano 1866, se trouxo dunha ermida situada nun dos montes da contorna.
O retablo posúe restos da antiga policromía e nel podemos ver imaxes dos evanxelistas, e as escenas da Paixón de Cristo e do martirio de San Amaro (patrón da antiga ermida), a adoración dos fieis e o seu traslado a Venecia.
O escudo heráldico que vemos na fachada principal da igrexa nos fala do pasado desta igrexa, xa que antigamente era unha capela particular fundada polo cóengo da Catedral de Santiago, Antonio de Castro Romero, quen a doou posteriormente ao Arcebispado de Santiago en 1847. No ano 1849 convértese en igrexa parroquial.
Campás 2 campás.
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (03-11-2017)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (27-02-2023)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 27-02-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)200165159
    Torre-campanarioMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)193585356

  • Ficha reducida (PDF)
  • NOIA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 41 Visitants: 41 Usuaris: 0