Inventario de Campás

Igrexa de San Xoán de Vilar de Santos - VILAR DE SANTOS (GALICIA)

(Referencia: 12945)
Rúa da Igrexa, 12.
32650 VILAR DE SANTOS

Descricion Igrexa parroquial de planta rectangular, tellado a dúas augas e estilos románico e neorenacentista construída con perpiaño granítico de boa calidade na modalidade de opus vittatum, é dicir, pedras regulares de tamaño disímil. Ubicado nun sobranceiro outo do Parque de Cachalgura, o templo posúe aínda boa parte dos elementos arquitectónicos que, de maneira inequívoca, o distinguen como igrexa de matriz románica: porta de acceso abucinada por medio de arquivoltas molduradas en forma de arco apuntado, canzorros figurados, ábsida semicircular con saeteiras enmarcadas en arquiños de medio
punto, etc...
Cada unha das arquivoltas da portada atopa sustento en cadansúa columniña adosada -xa for de fuste liso ou figurado-, pezas dotadas de basas articuladas por toros e escocias de orde crecente conforme ganan en altura. Pola súa parte os capiteis presentan variada figuración animalística e humana (cabezas, caras, extremidades...) acorde coa simboloxía do momento (tardo-románico; Século XIII-XIV). A arquivolta máis exterior, amáis de funcionar a xeito de tornachuvias da portada, presenta a singularidade dunha serie de dentes de serra interiores de tamaño irregular. A fachada complétase cun óculo circular, un escudo señorial e unha espadana, elementos todos eles propios dos séculos XVI-XVII que foron engadidos ao templo con motivo da renovación estética contrareformista experimentada en pleno barroco.
Os laterais do templo aínda conservan os canzorros figurados propios deste estilo artístico, elementos que, maiormente, definen “vicios condenables" polas normas moráis do momento: gula, envexa, carne..
Campás 3 campás.
Autor
  • PXOM de Vilar de Santos (17-12-2001)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (22-05-2023)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 22-05-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMaior.ROSAS, CAMPANAS2011
    EspadanaMediana.ROSAS, HIJO DE MANUEL1992
    EspadanaMenor.1875

  • Ficha reducida (PDF)
  • VILAR DE SANTOS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 05-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 72 Visitants: 71 Usuaris: 1 - francesc