| Descricion |
Edificación relixiosa de orixe románica, reformada no século XIX e posteriormente no ano 1928. Construída a base de perpiaño e cachotaría granítica e cuberta a dúas augas.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso, unha xanela con derrame interno e unha espadana dun só oco nun dos laterais.
O máis interesante desta igrexa atópase no interior onde se conservan os restos da primitiva edificación medieval: un arco triunfal na capela maior e as columnas con capiteis vexetais esquemáticos e bases áticas. O resto desapareceu na reforma do ano 1928. |
---|
Campás |
1 campá. |
---|
AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (07-09-2023) FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK). (07-09-2023) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (07-09-2023) |
|