

| Descricion |
Construída no século XVIII. Ten unha nave de planta de cruz latina, muros de cadeirado e cachotaría recebados, cuberta a dous e tres augas e tellado de tella. A fachada, de cantería granítica, ten unha porta alintelada, unha fornela coa imaxe do Patrón e unha ventá. Sancristía pegada á ábsida. Espadana dun corpo composta de tres machóns e dous arcos de medio punto. Ten retablos do s. XVIII con imaxes no interior. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (25-07-2021) www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (12-08-2023) |
|