Inventario de Campás

Igrexa de Santa María de Mones - PETÍN (GALICIA)

(Referencia: 13855)
Camiño de Abaixo, 5.
32370 PETÍN

Descricion A igrexa de Santa María de Mones, coñecida como "a nai de sete igrexas", é das máis importantes da comarca de Valdeorras, xa que nos seus arquivos inscribíanse nacementos e defuncións doutras parroquias, como Arnado (Vilamartín de Valdeorras).

O templo ten planta de cruz latina. O teito está cuberto cun artesoado de madeira decorado con pinturas policromadas en branco, negro e vermello. Antigamente o chan estaba empedrado con grandes lousas, pero na actualidade é de madeira. Nos grosos muros hai fiestras moi abucinadas, estreitas no exterior e anchas no interior. Na parede dereita, xunto a sancristía, había un mural pintado de negro e vermello que foi tapado ao cubrir con cemento as paredes de granito.

O campanario foi en orixe unha torre construída para vixiar, á que se accede por unha escaleira de caracol estreita e ventilada por un oco na parede de granito. As súas campás foron louvadas nun poema do petinés Rogelio Díaz.

O templo ten dous retablos do século XVIII. O retablo do Cristo está decorado con columnas salomónicas, follas e acios de uva, e o retablo de Santa Lucía con estipes.

No exterior, na parede sur, hai uns gravados do xogo do pai fillo nai. Á entrada do camposanto, contra a parede, hai unha cruz antiga.
Campás 2 campás.
Autor
  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (30-06-2024)
  • https://gl.wikipedia.org/ (30-06-2024)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (30-06-2024)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 30-06-2024

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaSan JoséVILLANUEVA SÁENZ, FERNANDO19605072
    EspadanaSanta MaríaVILLANUEVA SÁENZ, FERNANDO196068182

  • Ficha reducida (PDF)
  • PETÍN: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 03-07-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 33 Visitants: 33 Usuaris: 0