Inventario de Campás

San Xulián de Bastavales - BRIÓN (GALICIA)

(Referencia: 2894)

Descricion

A arquitectura relixiosa en Bastavales está representada pola igrexa de San Xulián na que se traballa dende 1768. É de planta de cruz latina cunha única nave. Un detalle curioso é que mentras as demais igrexas están mirando cara oriente, a de San Xulián está orientada cara o occidente para, deste xeito, poder ve-las torres da Catedral de Santiago dende a porta principal. É na veciña aldea de Soigrexa dende onde Rosalía oía as campás da igrexa de Bastavales “Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar mórrome de soidades”. Hoxe en día aínda se pode disfrutar do son das campás, sobre todo en días especiais, en que cun pouco de sorte podemos escoitar como o campaneiro as fai “bailar” a ritmo de muiñeira. Concello de Brion



San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Brión. En San Xiao de Bastavales hai unha igrexa construída na metade do século XVII sobre un templo románico anterior que podería ser aquela á que Rosalía de Castro fai referencia no poema “Campás de Bastavales” do libro Cantares Gallegos.

Campanas de Bastavales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
Elas tocan pra que rece;
penso que por min chamades,
E das entrañas me doio
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.
solo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

(Wikipedia - Bastavales - Brión

Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

AutorTítuloData
LA VOZ DE GALICIADe trompeta a campanero2007
OS CHICHISOSCampás e campaneiros2011
REDACCIÓN PONTEVEDRAPara saber qué dicen las campanas2011
ARAÚJO, EmmaBastavales busca campanero2020

Gravacións sonoras (Pódese ordenar por calquera dos campos)

PersoaAudioDataDuración
MONTERO, RAMÓN (BASTAVALES)Campanas 18-10-201107:16

Vídeo (Pódese ordenar por calquera dos campos)

PersoaVídeoDataDuración
MONTERO, RAMÓN (BASTAVALES)As campás 19-04-201634:37
4 Fotos
Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 18-07-2017


  • Ficha reducida (PDF)
  • BRIÓN: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 19-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 43 Visitants: 42 Usuaris: 1 - servidor