Igrexa de San Vicenzo de Augasantas - ROIS (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Vicenzo de Augasantas - ROIS (GALICIA)

Referencia 11847

Lugar da Eirexa, s/n.
15912 ROIS



Descricion A igrexa de estilo barroco ten nave de cruz latina, con dous pequenos corpos saíntes a cada lado da nave, de menor altura, e sancristía acaroada ao lado norte do presbiterio. Feita a base de cadeirado de granito e tellado a dúas augas, excepto na cabeceira e brazos menores da cruz de menor desenvolvemento. A torre do campanario, que aparece situada no eixo central da fachada, proporciona unha grande verticalidade á edificación, algo que consigue grazas ao seu gran porte
A portada aparece decorada con orelleiras cadradas de baquetóns superpostos que enmarcan a porta. Esta vai flanqueada por pilastras con molduras. Enriba dela unha cornixa voada dá paso a un frontón de remate curvo onde se asenta unha fornela co santo da súa advocación. Remata a fachada en frontón triangular con dous grandes pináculos en forma de copa en cada esquina. Na torre do campanario pódense diferenciar tres corpos. O primeiro corpo cuadrangular, con adornos de rebaixes nos muros, remata nunha cornixa moi voada que dá paso ao outro corpo rodeado de fermosa balaustrada e que acolle as campás en ocos rematados en arco de medio punto que levan dúas pilastras refundidas por cada cara. O terceiro corpo de base octogonal con vans que rematan en arcos e que sosteñen unha pequena cúpula con nervios e rematada en pináculo que culmina cunha cruz de forxa. Ten adornos de pináculos en cada esquinas dos entaboamentos que dividen os corpos da torre.

Campás 2 campás.

Autor
  • VIEITES, Elixio / PATRIMONIOGALEGO.NET (29-11-2012)
  • GARCÍA GIMÉNEZ, Alfredo / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (04-08-2020)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (29-03-2023)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    GARCÍA GIMÉNEZ, AlfredoVai cambiar o tempo, que se oe moi ben a campá da Choza2020

    2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 29-03-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioREGINA SACRATISSIMI ROSARIILISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)189486.00368
    Torre-campanarioSan VicenteLISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)1894111.00792