Inventario de campás
Santiago de Allariz - ALLARIZ (GALICIA)
Referencia 12167
Praza Maior.
32660 ALLARIZ
Referencia 12167
Praza Maior.
32660 ALLARIZ


Data de construción Séculos XII-XIII
Descricion A Igrexa de Santiago de Allariz é un templo románico construído entre os séculos XII (cara a 1119) e XIII. Do XII conserva a nave, con presbiterio de tramo recto e ábsida semicircular, e a portada norte, que recorda as tradicións prerrománicas con modillóns cilíndricos nas arquivoltas. Cada un destes rolos presenta unha decoración a base de rosetas e recordos castrexos.
No exterior destaca a cabeceira da igrexa, cunha ábsida semicircular, cun paramento dividido en varios panos por columnas e capiteis vexetais e historiados. Este tramo semicircular da ábsida e un triunfo da decoración figurativa románica con arquearía cega.
No interior a nave presenta un teitume de madeira, arco triunfal, e o tramo do presbiterio cóbrese con bóveda de canón e a ábsida con bóveda de cuarto de esfera. Conserva un frontal de altar románico
decorado cunha arcada de medio punto con claras influencias do Mestre Mateo.
Da capela cabe destacar a Virxe da Esperanza de Juan de Juni, renacentista, con elegante decoración xeométrica e cuberta con bóveda estrelada.
Foi declarada Monumento Histórico -Artístico en 1931.
Campás 3 campás (Dúas na igrexa e unha na torre do reloxo).
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 13-08-2022

| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre do reloxo | Campá das horas. | MALINGRE PARMENTIER, MANUEL | 1866 | 0.00 | |
| Torre-campanario | Campá maior. | CARESA S. L. | 2001 | 0.00 | |
| Torre-campanario | Campá menor. | CARESA S. L. | 2001 | 0.00 |